Imaxes da tv exipcia
En menos de tres días o exército exipcio destruíu máis edificios na Franxa de Gaza dos que Israel durante todo o tempo que
durou a última operación militar contra Hamas. O voceiro do exército exipcio afirmou que a pesar de que ao
longo dos últimos anos foran xa destruídos perto de 1500 túneis chegados desde dentro
de Gaza en dirección o territorio exipcio, outros centos foron descubertos
analizándose imaxes de satélites o que acelerou o proceso de expulsión dos
palestinos da fronteira para a construción dunha ampla zona de seguridade.
A salientar que esta zona non será construída dentro do xigantesco
territorio dos descendentes dos Faraós, xa que Exipto simplemente ocupou militarmente unha
área de 13 km de lonxitude por 500 metros de ancho dentro da Franxa de Gaza,
expulsou a todos os palestinos de súas casas e está a derrubar todas as edificacións
nunha área de 6,5 mil metros cadrados.
Adicionalmente será construído un foso de 20 metros de
profundidade ao longo destes 13 kms de fronteira. Quen pretenda construír túneis
precisará escavar por debaixo de todo isto. Non está ainda decidido según as autoridades exipcias se o foso será asulagado con
augas chegadas desde o Mar Mediterráneo.
Nos últimos días 200 familias palestinas aceptaron unha
compensación financeira pola súa expulsión, mais outras 680 familias non
aceptaron. O goberno do Cairo manifestou que "os residentes deben cooperar
ficando do lado do Estado despois de que os terroristas de Hamas converteran as
súas vidas nun inferno." Os dous atentados recentes levados a cabo por Hamas
contra tropas exipcias no Sinai onde 31 soldados foron asasinados acelerou o
proxecto da zona de exclusión.
Pero como non hai israelies envoltos na cuestión, non se
escoita por ningures ningunha crítica, sexa de gobernos, sexa de ONGs, sexa de grupos pacifistas,
sexa da Comisión de Dereitos Humanos da ONU... contra unha decisión levada a cabo
polo Estado exipcio na que abertamente ocupou territorio palestino dentro da Faixa
de Gaza.
Iso demostra unha vez máis que non existe "problema
palestino". Existe a "cuestión israelí", ou "problema
xudeu", a dupla vara de medir de sempre, filla do vello e rancio antisemitismo agora vestido de "antisionismo" de camuflaxe.
Lembrar que a zona de seguridade existente entre a
Franxa de Gaza e Israel fica na súa totalidade dentro de territorio israelí, mentres que a zona de
exclusión entre a Faixa de Gaza e Exipto está sendo construída -a plena luz do día- polo exercito exipcio dentro de territorio palestino, ocupando militarmente
terras da Franxa de Gaza co absoluto silencio dos solidarios selectivos. Era visto...
Comentarios