O último número da Revista Forbes Israel trae unha interesantísima reportaxe de investigación sobre os dineros do terrorismo mundial. A organización terrorista máis acaudalada do mundo e da historia é o Estado Islámico. En segundo lugar... a organización Hamás. A reportaxe describe tamén os métodos cos que cada organización obtén ese diñeiro e - contrariamente ao que se acostuma a pensar e difundir- cómo Hamás enriquecese a expensas dos habitantes da Franxa de Gaza. Entrevistado por 'Forbes Israel', o ex director do Mossad Efraim Halevy advirte do perigo que supón ISIS. "Posúe un enorme e raro poderío económico. As súas accións poñen en perigo os alicerces estatais en Oriente Próximo. ISIS é unha ameaza moi grande que pode pulverizar a orde rexional.
Un terremoto que sería sentido en todo o mundo". O elemento económico é vital na loita contra o grupo de Abu Bakr al Bagdadi. Según un alto funcionario de seguridade, unha das claves é levar á xustiza aos entramados internacionais e bancos que axudan a lavar o diñeiro de ISIS e outros grupos terroristas. Según alguns expertos citados, o ISIS controla ol 60% das reservas de petróleo en Siria e de sete reservas de gas e petróleo en Iraq. Extorsión, recates multimillonarios pola liberación de refens, donazons de organizacións islamitas, venda de petróleo no mercado negro, imposición de impostos e atracos en bancos son algúns dos instrumentos do grupo que pretende instaurar un Califato islámico na rexión. ISIS non só pasará á historia coma un dos movementos máis brutais senon que postulase -estima a revista- coma "o grupo terrorista máis rico de todos os tempos".
Comentarios