Preguntados sobre se crían que a violencia palestina recente é o comezo dunha intifada organizada ou iniciativas meramente individuais, o 31,8% dos xudeus de Israel, contestou o primeiro e o 57,8% o segundo.
A maioría dos israelís quere reiniciar as conversas de paz coa Autoridade Palestina co fin de previr novos ataques terroristas, segundo unha sondaxe do pasado martes.
Na súa sondaxe mensual de novembro do Índice de Paz, Instituto da Democracia de Israel e a Universidade de Tel Aviv preguntaron a unha mostra representativa da poboación israelí se eles crían que era mellor previr ataques terroristas mediante a renovación das conversacións diplomáticas coa Autoridade Palestina. As porcentaxes de israelís que piden a renovación das conversacións de paz é do 57,2 por cento entre o público en xeral, o 52,5% entre os xudeus e o 81,2% entre os árabes. Menos dun terzo - o 28,5% - da poboación, contestou coa ruptura de relacións diplomáticas coa Autoridade Palestina, incluíndo o 33,1% dos xudeus e o 6,7% dos árabes-israelies.
A enquisa do Índice de Paz, que dende hai 20 anos elavora un estudo mensual, atopa, como é habitual, que unha grande maioría entre os xudeus israelís é favorable a realización de negociacións coa Autoridade Palestina a pesar de ser escépticos cos resultados e non cren que vaia conducir á paz definitiva.
Un 60% dos xudeus israelís manifestaron que estan a prol das conversacións de paz en xeral, aínda que menos do 30 por cento dixo que pensaban que darían lugar á paz. Cando se lles preguntou se crían que a violencia palestina recente foi o comezo dunha intifada organizada ou iniciativas meramente locais, o 31,8% dos xudeus de Israel, contestou o primeiro e o 57,8% o segundo. En canto a se o primeiro ministro Benjamin Netanyahu decidiu construír en Judea e Samaria para servir aos intereses nacionais de Israel ou de fortalecer o seu apoio da dereita, o 64% dos xudeus de Israel contestou o último e só o 21,8% o primeiro.
Un 69% dos xudeus de Israel describiu as relacións entre Netanyahu e o presidente estadounidense Barack Obama como pobre e o 28% como boa. Pero o 82% dixo que as relacións entre Israel e o pobo estadounidense son boas e só o 11% dixeron que están mal. Cando se lles preguntou quen é responsable da crise nas relacións entre as administracións de Netanyahu e Obama, o 29,7% dos xudeus de Israel dixo que a parte israelí, 46.6 % o lado estadounidense, e o 17,8% dixo que ambos os lados na mesma medida. A porcentaxe de persoas que din que a parte israelí tivo a culpa foi maior entre os enquisados de esquerda, mentres que os enquisados de dereita foron máis propensos a culpar á EE.UU..
A enquisa realizouse entre o 13 de novembro e 15 de novembro entre 1603 enquisados, o que constitúe unha mostra representativa da poboación adulta de Israel. A marxe de erro foi de 4,1%.
Fonte: JPost - Haaretz
Comentarios