A sempre "accidental" violencia palestina

Nur A-Din Abu Hashya, o sospeitoso de apuñalar e asasinar a un xoven soldado israelí, mostra aquí accidentalmente unha pancarta que chama á violencia contra os xudeus.

Un mozo palestino foi arrestado por erro nunha estación de tren de Tel Aviv despois de apuñalar accidentalmente a un soldado israelí (e causar a súa morte) e tratar de levarse, sen querer, a arma do soldado, segundo informou a policía.

O mozo, procedente dunha aldea cisxordana próxima a Nablus, loitou por accidente co xoven soldado, e sen decatarse, tentou posteriormente apoderarse do seu fusil. O motivo do enfrontamento entre ambos foi o apuñalamento no abdome e no peito, totalmente accidental, do xoven soldado xudeu por parte do mozo palestino, e iso foi posible polo coitelo que levaba dunha maneira totalmente accidental o rapaz palestino. O soldado sucumbiu máis tarde por mor das súas feridas, obviamente accidentais, mentres que a súa "apuñalador" accidental fuxiu accidentalmente cara a un edificio abandonado a varios centos de metros da estación de tren. A policía atopouno alí e agora fica baixo arresto.

O incidente prodúcese despois dunha serie de incidentes accidentais que involucraron a mozos palestinos e por mor dos cales morreron ou foron gravemente feridos, de maneira totalmente accidental, varios cidadáns xudeus. No entanto, este sería o primeiro incidente da serie de incidentes accidentais que se dá en Tel Aviv. Hai dúas semanas, un palestino conduciu accidentalmente o seu coche fóra da estrada invadindo accidentalmente unha parada de tranvía onde agardaban os pasaxeiros, atropelando accidentalmente a un grupo de persoas que esperaban o tranvia. Dúas persoas faleceron, obviamente dunha maneira accidental, entre elas un bebé de tres meses de idade.

A semana pasada, outro mozo palestino en Xerusalén dirixiu accidentalmente o seu coche contra un grupo de policías de fronteiras, matando a un deles. Ambos os pilotos protagonistas destes incidentes accidentais, foron asasinados a tiros pola policía en accións nada accidentais.

Anteriormente, un terceiro palestino disparou accidentalmente a un activista xudeu no peito feríndolle en catro ocasiones Perseguido pola policía, o sospeitoso disparou tamén de maneira accidental á policía que lle perseguía, e finalmente morreu no tiroteo que seguiu.

Estes incidentes mortais chegan nun contexto de aumento das tensións entre xudeus e árabes en Xerusalén e en todo Israel. Os accidentes ocorreron en Xerusalén, mentres os palestinos estiveron atacando accidentalmente aos xudeus que, dunha maneira nada accidental, trataban de acceder ao Monte do Templo, o sitio máis sacro do xudaísmo aínda que está claro dunha maneira accidental.

Como exemplo deste aumento dos disturbios, unha patrulla da policía israelí, requirida para tranquilizar unha disputa familiar desatada nunha voda árabe, acabou disparando a un mozo árabe que enarborou e tentou agredirlles cun coitelo, de maneira está claro accidental, tras proferir ameazas tamén de maneira accidental. O mozo morreu a consecuencia das súas feridas, e en moitas comunidades árabes estalaron accidentalmente protestas polo desenlace dese tiroteo.

Mentres tanto, os líderes palestinos estan preconizando, por suposto de maneira accidental, máis ataques accidentais contra os xudeus. Na cidade árabe-israelí de Taybeh, un xudeu sufriu un intento accidental de linchamento levado a cabo por un grupo de manifestantes, mentres o seu coche era incendiado de maneira accidental. Por fortuna, varios transeúntes presentes lograron rescatalo da masa que lle ameazaba, moi posiblemente de maneira accidental.

Algúns medios de comunicación informaron nada accidentalmente destes acontecementos coma se fosen ataques terroristas.

Vía: Preoccupied Territory

Comentarios