O presidente de Israel Reuvén Rivlin visita a cidade árabe de Kfar Kasem

O presidente de Israel Reiven Rivlin, saúda hoxe a un cidadán árabe de Kfar Kasem
Nunha histórica visita hoxe domingo á cidade árabe-israelí de Kfar Kasem, o presidente de Israel, Reuvén Rivlin, repudiou hoxe de forma enérxica a masacre que forzas policiais israelies cometeron alí en 1956 e considerou que "este terribel feito debe ser reparado". "O crime deplorable que tivo lugar na vosa aldea é un episodio excepcionalmente sombrío na historia das relacións entre nós, os árabes e os xudeus que vivimos en Israel", dixo Rivlin no acto anual de homenaxe polos 47 palestinos de nacionalidade israelí mortos nesa masacre.

O día que dende o outro bando se asuman igualmente os seus brutais actos de terrorismo coma feitos que deben ser reparados, ese día a Paz ficará máis perto.

Comentarios