Doenzas británicas


Estudantes británicos néganse a conmemorar o Holocausto por ser un acto "eurocéntrico" e "colonialista", e rexeitan condenar ao Estado Islámico por ser síntoma de "islamofobia" 

Noutra polémica decisión, a Goldsmiths College Students Union rexeitou, por unha marxe de ao redor de 60 a 1, unha moción para conmemorar o Día do Holocausto e a todas as vítimas de xenocidio. A Secretaria de Educación Sarah el-Alfy instou os estudantes a votar en contra da proposta e rexeitala por "eurocéntrica" e "colonialista". Un estudante non identificado agregou que "Esta iniciativa obrigaría á xente a lembrar certas cousas que poden non querer lembrar", mentres que outro argumentou que como o College Students' Union era "antisionista" non podía conmemorar o Holocausto xudeu. Esta decisión segue á noticia de que a National Union of Students (NUS) votou en contra dunha moción de condena a Estado Islámico e en apoio á resistencia kurda. A National Union of Students (NUS) rexeitou a petición de condenar ao grupo islamita co argumento de que tal moción era "islamófoba", dando razón ás campañas que acusan a este organismo de utilizar o seu "control" para fomentar "políticas de identidade" divisivas.

Comentarios