Al Fatah, partido encabezado por Mahmud Abbas, difundiu onte un póster homenaxeando ao terrorista Abdel Rahman Al Shaludi, quen asasinou ao bebé de tres meses Chaya (Jaia) Zissel Braun e feriu a outro oito persoas, ao atropelar intencionalmente co seu automóbil a un grupo de peóns nunha parada do tranvia de Xerusalén.
"A agrupación de Silwan de Al Fatah brinda homenaxe ao heroico mártir Abdel Rahman Al Shaludi, quen executou a operación Xerusalén na que se atropelaron a colonos na ocupada cidade de Xerusalén", reza o cartaz difundido na páxina oficial de Facebook de Fatah.
Shaludi era sobriño do extinto experto en explosivos de Hamás, Mohiyedine Sharif, e en base á súa propia páxina de Facebook crese que era partidario desa organización extremista islámica. Shaludi resultou gravemente ferido por un oficial de policía cando tentou fuxir da escena, e posteriormente morreu no hospital. O seu cadáver foi transladado ao Instituto Forense Abu Kabir para practicarlle a autopisa, en contra da vontade da súa familia. O mozo palestino pasou os últimos dous anos entrando e saíndo das prisións israelís. A súa nai dixo que o seu estado mental deteriorouse tras a súa liberación hai tres semanas do cárcere situado no Recinto Ruso (Russian Compound) de Xerusalén tras ser interrogado polo Servizo de Seguridade Xeral (Shabak), a principios deste ano.
De segudo podemos ver e escoitar as declaracións do portavoz de Hamas Faouzi Barhoum na canle de TV de Hamás nas que fala rotundo e clariño. Non ten desperdicio.
Comentarios