O pasado 2 de agosto, a PCHR (Comité Palestino dos Dereitos Humanos), unha das principais fontes consideradas como fiables pola ONU, escribiu:
Aproximadamente ás 15:30 (do 1 de agosto), avións de guerra israelís bombardearon unha ambulancia do Ministerio da Saúde. Como resultado, 3 traballadores sanitarios foron asasinados: Aatef Saleh al-Zameli, de 42 anos, o condutor; Yousef al-Ejmai'an Zameli, de 33 anos, un enfermeiro; e Yousef Jaber Darabih, 25, un paramédico voluntario.
Israel atacou unha ambulancia, ou sexa un crime de guerra... Excepto por unha cousa: as tres persoas mortas eran terroristas da Yihad Islámica. Arriba poden observar os carteis do tres mártires: o condutor á dereita, o "enfermeiro" arriba á esquerda (e que en realidade era Yousef Jmien Sheikh Eid) e abaixo, á esquerda, o "paramédico".
Este último tamén seica era un "líder dos scouts". Desde logo é para preguntarse que estaría a ensinar aos seus pupilos. Se este tres terroristas estaban a usar unha ambulancia como medio para protexerse a si mesmos e ocultar as súas armas e accións - e dado que todos e cada un deles eran membros da Yihad Islámica, isto parece moi probable -, entón eles foron os que cometeron os crimes de guerra.
Tamén nos indica que o Ministerio da Saúde de Gaza non só traballaba en estreita colaboración coas Brigadas Al Qassam ao usar as súas ambulancias para transportar terroristas e probablemente armas, senón que tamén colaboraba coa Yihad Islámica. Isto é algo que a ONU debera investigar?
Comentarios