Nimiedades



Por Cesar Pazos

Analicemos os feitos acaecidos últimamente no Oriente Medio. E procuremos atoparlle motivos plausibles. As chamadas á mobilizacións anti-israelíes, aconsellan entender a postura dos convocantes.

1.- Tres rapaces son secuestrados e asasinados, e ninguén por aquí protesta. Explicación: rapaces coma os asasinados hai moitos. A lio que monta Israel non é, senon, unha mostra da iracundia imperialista do sionismo. Anoxarse por tres rapaces aniquilados! Se é unha nadería!
2.- Israel, fai por atopar aos secuestradores. Explicación: Tal cousa débese a teima de Israel de meter os fociños en casa allea. Co feito de que os medios de comunicación traten tendenciosamente de ocultar a realidade do acaecido e, nembargantes, suliñen canto poden a actuación israelí, describíndoa coas máis terribles cores, recoiro! E que non se pode dedicar todo o tempo a unha soa nova, polo que, contado que territorio palestino foi invadido polos xudeos, xa abonda para que xente saiba que algo anda a ocorrer alí. O resto son trapalladas que non paga a pena.
3.- Hamás diapara mísiles contra de Israel e, para elo, agóchanse detrás de poboación civil e convirten hospitáis, escolas e vivendas en instalacións bélicas. Explicación: Deterse en tal detalle é un algo insignificante, e, ademáis, ¿En algures terán que agocharse non si? O que non ten ningunha desculpa é que os sionistas bombardeen eses asentamentos militares. O feito de que avisen a xente que se afaste do obxectivo a neutralizar, e o que se fai en todas as guerras! Non é cousa sobresaínte, é unha parvada ben nimia.
4.- Segundo se insiste abondo, Israel ataca con forzas desproporcionadas. Explicación: Os sionistas abusan dos febles (o serán tanto?). Todos os estados que se enfrontan, antes do conflito equilibran as súas forzas e, caso de imposible igualación, resólvese a contenda a cara o cruz. Nas guerras adoita haber un vencedor, pero esa condición bótase a sorte.
5.- Se Israel é xenocida, ¿Qué fan os seus hospitáis ateigados de palestinos? Explicación: É porque aos sionistas dalles máis pracer matar a un palestino farto, san e forte, que a outro famento, doente e feble. É coma no conto da bruxa, que cebaba aos rapaces antes de comelos.

Se en vez de ser Israel fora o noso país o que padecera os feitos descritos, ¿Cal sería a nosa reacción e qué esperaríamos do Estado?

Comentarios