Tzipi Livni e Riad el Malki en Londres |
Por Daniel Blumenthal
HAARETZ
O gabinete israelí ordenou interromper todos os contactos co goberno palestino apoiado por Hamas, pero a pesares da medida a Ministra de Xustiza israelí e xefa do equipo de negociacións de paz, Tzipi Livni, reuniuse esta semana en Londres co Ministro de Asuntos Exteriores do novo goberno palestino unificado, Rihad el Malki e ambos dialogaron sobre o xeito de renovar o diálogo de paz, recentemente suspendido. O encontro produciuse con motivo dunha conferencia internacional na capital británica e a pesar do enfado que causou a Netanyahu un anterior encontro tamén en Londres de Livni co Presidente palestino Mahmud Abbas o mes pasado. Fontes palestinas dixeron que a ministra israelíi mantén un contacto telefónico moi fluido e constante con varios dos dirixentes palestinos, entre eles o xefe dos servizos de intelixencia palestinos Mejed Farahj, o xefe dos negociadores palestino Saeb Erekat e outro dos dirixentes de Fatah, Jaibril Rajhoub. A semana pasada, a orde gobernamental de suspender os contactos co goberno palestino apoiado por Hamas foi desoida polo propio Presidente de Israel Shimon Peres, quen reuniuse con Mahmud Abbas no Vaticano.
Comentarios