Un paseo por Xerusalén con Iehuda Amijai

"Xerusalén, lugar onde todos recordan que se lles esqueceu algo, sen recordar que era. Todo se ocupa aquí do oficio da memoria: as ruínas recordan, o xardín recorda, o pozo recorda as súas augas e o bosque plantado recorda sobre unha placa de mármore o afastado Holocausto ou mesmo só o nome dun doante morto que se recordará máis que outros nomes".


















"Amor a Xerusalén"

Hai rúa na que venden só carne roxa
e rúa na que venden só perfumes e roupa.
E hai días en que vexo só fermosa xente nova
e días en que vexo só eivados e cegos
e leprosos e azogados e sardónicos.
Por aquí constrúen unha casa e por alí destrúen
por aquí escavan as entrañas da terra
e por aí as do ceo,
por aquí sentan e por alí camiñan
por aquí odian e por alí aman.
Pero quen ama a Xerusalén
segundo as guías de turismo ou os libros de rezo
é como o que ama a unha muller
seguindo un manual das posicións do sexo.

***

"Xerusalén"

Nunha azotea da Cidade Vella
hai roupa iluminada coa última luz do día:
saba branca dunha inimiga,
toalla dun inimigo
para secar con ela a suor da súa fronte.
E no ceo da Cidade Vella
unha cometa.
E ao final do fío
un neno,
que non vin
por mor da muralla.
Izamos moitas bandeiras.
izaron moitas bandeiras.
Para que pensemos que están contentos.
Para que pensen que estamos contentos.
***
"Cantos a Xerusalén"

Cada tarde saca Deus as súas mercadorías
brillantes da vidreira
- carruaxes celestes,
táboas de lei,
perlas preciosas,
cruces e campás esplendorosas,
e vólveas meter en escuras arcas dentro
e pecha os postigos:
"Outra vez non veu ningún profeta a comprar".
***
"Xerusalén, lugar onde todos recordan que se lles esqueceu algo, sen recordar que era. Todo se ocupa aquí do oficio da memoria: as ruínas recordan, o xardín recorda, o pozo recorda as súas augas e o bosque plantado recorda sobre unha placa de mármore o afastado Holocausto ou mesmo só o nome dun doante morto que se recordará máis que outros nomes".


Comentarios

Enric Tomàs dixo…
Qué bonitas fotos (sobre todo las de la nieve en la Esplanada del Muro) y que ciudad tan hermosa y tan intensa.
Saludos.
(siento no escribir en galego)