"Los judíos matan a un niño": libro de propaganda antisemita para as escolas españolas até case os anos setenta
Clicade na foto para ver o texto completo. Esta imaxe é unha demostración estremecedora de até que punto o antisemitismo estivo presente nas nosas aulas durante o franquismo. Posibelmente a influencia até moi tarde -case anos setenta- de páxinas como esta en as conciencias infantís deste país contribuíse a que España pase por ser un dos países coa taxa de antisemitismo máis alta de Europa.
O libro chamábase "YO SOY ESPAÑOL" e foi un dos manuais de adoutrinamento do franquismo para a escola primaria. Formaba parte dunha colección chamada "LA BIBLIOTECA DEL PÁRVULO". Foi escrito por Agustín Serrano de Haro (inspector-xefe de ensino primario do Ministerio de Educación y Ciencia franquista) e foi publicado pola Editorial Escuela Española.
A primeira edición foi no ano 1943 e seguiuse reeditando todos os anos até 1968. (Grazas a Rosa Sala Rose pola información)
Comentarios