Franxa de Gaza e Israel: as relacións das que ninguén fala

Encontro entre líderes agricultores de Gaza e funcionarios israelíes
 
A próxima vez que vaias ao supermercado aquí en Galicia, en calquera parte de España, en Francia, Italia, ou na maioría dos países europeos, e merques un tomate, probabelmente sexa importado dende a Franxa de Gaza, ¿Pero como vai ser de Gaza se supostamente está asediada?
 

 
A pesar dos estereotipos impostos por grupos que tendenciosamente usan o descoñecemento en beneficio propio e para promover mensaxes engañosas contra Israel, hai unha cooperación económica e agropecuaria constante entre Israel e os produtores en Gaza. Como dixo Roni Kaplan, portavoz do Exército de Defensa de Israelí, "A poboación civil en Gaza non é o noso inimigo en absoluto. O inimigo é o terrorismo". Esta semana tivo lugar un cumio por iniciativa do exército de Israel entre figuras craves no campo do cultivo, exportación e comercialización de produtos agrarios israelís e gazatíes. O encontro enfocouse en afianzar as relacións e cooperación entre os agricultores de Gaza e profesionais israelís en distintas áreas. O cumio organizado pola Coordinación de Actividades Gobernamentais nos Territorios contou coa presenza de 12 líderes de asociacións agropecuarias de Gaza e representantes do Ministerio de Saúde israelí, axentes aduaneiros e empresarios que comercializan os cultivos de Gaza en Europa. "Este tipo de encontro son constantes", explica Uri Madar, coordinador da cooperación agricultural en COGAT. Periodicamente realízanse xuntanzas, talleres e cumios desta índole para afortalar as relacións e fomentar o comercio desde a franxa a Israel e ao mundoo. "É importante poder axudar aos nosos veciños para que poidan cultivar e comercializar", explica.
 
Os habitantes normais de Gaza, do mesmo xeito que os israelíes, queren vivir unha rutina de tranquilidade e benestar para os seus. Son as organizacións fundamentalistas terroristas as que se interpoñen neste camiño. Con todo, cóntanos Madar, Hamás por unha banda permite aos agricultores participar destes cumios porque comprende a importancia e necesidade de apoiarse en Israel, pero pola outra banda, ocúltao dos ollos do mundo xa que se contradi ás mensaxes tendenciosas de vítima que pretende difundir para xustificar a súa actividade terrorista.
 
Hamás, que goberna de facto na Franxa, fai uso da axuda e os esforzos da comunidade internacional con propósitos declaradamente terroristas. En outubro, descubriuse un túnel que conectaba Gaza con Israel, aparentemente para realizar atentados terroristas e secuestros. O paradoxal deste túnel é que estaba construído con material provisto por Israel co fin de posibilitar a construción e mellorar a calidade de vida na Franxa de Gaza. Tanto a poboación civil en Gaza como a israelí, sofren a presenza de grupos terroristas encabezados por Hamás ou a Yihad islámica na franxa. En Gaza, Hamás viola os dereitos básicos da muller, adoutrina aos nenos no odio xenófobo e usando aos civís como escudos humanos. En Israel millóns de civís viven baixo risco no rango de alcance dos mísiles de Hamás. Aínda así, o Estado de Israel sabe distinguir entre as organizacións terroristas e os civís, facendo os maiores dos esforzos posibles para colaborar e cooperar cos cidadáns fomentando unha coexistencia de veciñanza tranquila. Un claro exemplo é a forma na que operou COGAT e as FDI no último golpe climático que azoutou a rexión. Nada máis comezar o temporal, autorizouse inmediatamente a apertura as 24 horas dos cruces fronteirizos para o paso de combustibles e equipos para reparar as inundacións na Franxa de Gaza. Cousa que non fixo Exipto que mantivo pechado o seu paso fronteirizo con Gaza.
 
En total esa fin de semana transferíronse desde Israel a Gaza 1,2 millóns de litros de gasolina: 800.000 litros de combustible diesel para transporte, 400.000 litros de combustible diesel para a central eléctrica de Gaza e outras 200 toneladas de gas de uso doméstico. O Coordinador das Actividades Gobernamentais nos Territorios segue mantendo unha coordinación permanente coa Autoridade Palestina. En Cisxordania tamén axudouse á poboación civil. Dúas ambulancias palestinas foron rescatadas polas forzas da Brigada Rexional Judea despois de quedar atascadas na neve na estrada 35, preto de Hebrón. Outra misión de rescate da Brigada Rexional Shomron tivo lugar na estrada 60, preto de Ramallah, cando un vehículo de emerxencia da Media Lúa Vermella non puido seguir conducindo. Estes exemplos son tan só unha demostración máis dos esforzos que fan as FDI e Israel por colaborar coa poboación civil, remarcando que o noso inimigo son os terroristas que se aproveitan das circunstancias para infundir o terror e implantar ideoloxías totalitarias e integristas.
 
Que diferente sería todo na rexión se non fora pola ameaza permanente do terrorismo de Hamas e a súa negativa a recoñecer o dereito de Israel a existir e existir en paz. Con cetteza xa teriamos un acordó de paz entre Israel e Palestina.

Comentarios