Hollande visita Israel



 
 
O presidente francés, François Hollande, visita hoxe, luns, a Knesset (Parlamento israelí), onde foi recibido con honras polo seu titular, Yuli Edelstein, no Salón Chagall, deu un discurso aos lexisladores e manteu logo unha reunión privada. "Nada temos contra Irán ou o pobo iraniano, que se merece enerxía nuclear civil, pero non permitiremos que teña armas nucleares porque representa unha ameaza para Israel, para os países da rexión e tamén para o mundo", asegurou. O mandatario galo instou as potencias mundiais a continuar a diplomacia con Teherán, pero comprometeuse a non permitir que se alivien as sancións ate que Irán abandone o seu programa nuclear militar. Previamente, o primeiro ministro, Benjamín Netanyahu, insistiu con que "non se pode esperar que recoñezamos un Estado palestino sen que os palestinos recoñezan tamén a Israel como o Estado xudeu", para o que convidou ao titular da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas, a que o faga oficialmente ante a Knesset. "Poñamos fin ao conxelamento" nas conversas de paz, engadiu o xefe goberno israelí, quen ofreceuse a viaxar a Ramallah para falarlle ao pobo palestino. Logo, a líder opositora, a laborista Shelly Yacimovich, deulle a benvida ao presidente de Francia, agradeceulle pola súa posición acerca de asegurarse de que Irán non obteña armas nucleares e aclaroulle que sobre ese tema "non hai discusión entre a oposición e o gobernó" israelís porque "armas nucleares en mans de fundamentalistas é un problema para todo o mundo". A continuación, Hollande reuniuse con Edelstein no seu despacho, coa presenza do presidente Shimon Peres, Netanyahu, Yacimovich, o embaixador francés, Patrick Maisonnave, e o seu par israelí en París, Yossi Galon. Outros presidentes franceses que interviron na Knesset foron François Mitterrand, en 1982; Nicolas Sarkozy, en 2008; e Jacques Chirac, en 1987, cando era primeiro ministro.

Comentarios