Filme israelí na carreira dos Oscar 2013

Ese ano, tivemos unha marca de 76 países que presentaron filmes para a categoría de filme en lingua estranxeira para a 86 Oscar de Hollywwod. "Belén", filme de estrea na dirección de Yuval Adler foi presentado por Israel para consideración na carreira americana despois de conseguir gañar os premios de mellor longametraxe israelí no Festival de Cinema Internacional de Haifa e seis Ophir Awards, equivalentes ao Oscar de Israel. 

Dacordo co sitio web oficial do filme, "BELÉN conta a historia do vínculo improbábel entre Razi, un oficial do servizo secreto israelí, e Sanfur informante palestino. Sanfur é o irmán máis novo dun militante palestino. Razi foi recrutado cando el tiña só 15 anos e desenvolveu unha relación moi próxima, case paternal con el. Agora, con 17, Sanfur tenta navegar entre as demandas de Razi e súa lealdade ao seu irmán, que vive unha vida dobre por mentir para ambos. Cando o servizo secreto israelí descobre o profundamente que Sanfur está envolvido nas actividades de seu irmán, Razi é confrontado cun dilema imposíbel. Israel estará competindo por un nomeamento ao lado de 75 outros países, incluíndo a Moldávia e a Arabia Saudita, que optan por primeira vez, e Montenegro que se presenta por primeira vez como un país independente. As cintas eleitas serán anunciadas o 16 de xaneiro de 2014, ás 05:30 h, no Samuel Goldwyn Theater da Academia en Los Angeles. Os premios da Academia serán concedidos o domingo, 2 de marzo de 2014.

Comentarios