Wi-Fi gratis en todas as rúas de Tel Aviv

 



Tel Aviv, a cidade que nunca dorme, é xa unha cidade onde os seus residentes e visitantes poden estar conectados á Internet en todos momento. O Concello de Tel Aviv-Jaffa estableceu 60 puntos de acceso Wi-Fi na cidade, abranguendo un total de 4,6 quilómetros cadrados, incluíndo centros comerciais, principais rúas comerciais, parques e praias. A rede foi creada pola Motorola Solutions Israel e os puntos de acceso Wi-Fi inclúen Dizengoff Street, Ben-Gurion Boulevard, o Herbert Samuel Promenade (a Tayelet), Jaffa Square, o Museo de Tel Aviv, entre outros moitos. Outros 30 puntos serán adicionados nas próximas semanas, elevando o total a 80. O alcalde de Tel Aviv-Jaffa, Ron Huldai manifestou que o proxecto foi un indicativo do compromiso da cidade coa innovación. 

"O proxecto Wi-Fi municipal que estamos lanzando é incomparábel en termos de tamaño e alcance, e vai permitir que os moradores da cidade e visitantes gocen da navegación gratuíta por toda a cidade", dixo Huldai. Alon Solar, concelleiro de benestar da cidade de Tel Aviv-Jaffa, dixo que "o libre acceso á Internet é un servizo básico que debe ser concedido tanto para os moradores da cidade canto para visitantes nacionais e internacionais."

No entanto, Nitzan Horowitz, quen será contrincante do actual alcalde Huldai nas próximas eleccións minicopais, en outubro, dixo: "Huldai está facendo uso indebido de fondos públicos. O acceso á Internet é un servizo que todas as autoridades públicas deben dar aos residentes. No entanto, un proceso complexo e de recursos que consome tanto, lanzado en plana precampaña, e na cal foron gastadas enormes sumas de recursos públicos, é un acto cínico que constitúe un uso inaceptábel de recursos públicos".  

Comentarios