Unha adolescente siria, que foi gravemente ferida na guerra civil de seu país, era toda sorriso cando deixou un hospital israelí en Safed tras dous meses de cirurxía e rehabilitación. Os médicos do IDF inicialmente trouxeron a moza de 15 anos para o Centro Médico da Ziv, en Safed, con feridas graves causados por esquerlas na perna esquerda, pulmón e estómago, despois de que os médicos sirios amputaran a súa perna dereita. A nai da adolescente, que acompañou a filla ao atravesar a fronteira, e ficou con ela durante o proceso de rehabilitación en Israel, agradeceu ao equipo médico por dar á súa filla un novo sopro de vida.
A nai contou aos médicos que a súa filla foi ferida durante bombardeos na rexión de Daraa, onde viven, e que seu irmán, a avoa e un primo morreron neses ataques. Os médicos do Ziv Medical Center conseguiron salvar a perna esquerda, e xestionaron os custos de obtención dunha prótese para a perna dereita. Un dos paramédicos do IDF se emocionou ao ver a moza usando muletas e andando fóra do hospital, de forma independente. "Cando a trouxemos aquí, hai dous meses, ela estaba case morta. Eu non podo crer que agora a rapaza estea en pé, e andando. Que sensación incríbel vela así", dixo o paramédico do Tzahal.
Comentarios