As ameazas obrigan a suspender unha actuación musical nas festas de Manresa




Grupos de boicot obrigan virulentamente a suspender un concerto musical en Manresa
NacioDigital.cat - 30/08/2013

Grupos radicais minoritarios obrigaron por medio da coacción a cancelar un concerto en Manresa do grupo Amusic Skazz Band mediante unha virulenta campaña contra un dos seus compoñentes, a quen os boicoteadores acusaron de “racista e sionista” por ter asistido á conmemoración dos 65 anos da independencia do Estado de Israel, celebrada hai uns meses en Barcelona. Os incitadores ao boicot fixeron circular masivamente un cartaz, primeiro nas redes sociais e despois nas rúas de Manresa, incluído o escenario onde debia ter actuado a banda na noite do venres, no cartaz aparecía a foto de Èric Herrera, trombonista do grupo e veterano militante de ERC na que aparece ao carón dunhas bandeiras israelís.

Non tardaron moito en congratularse do seu “éxito” os boicoteadores. O candidato da CUP David Vitali manifestou a través do seu Twitter: “Se non permiten nazis nos nosos espazos non temos que permitir sionistas. Non vexo ningunha diferenza”. Precisamente no lugar da bada Amusic Skazz tocou Pirat´s Sound Sistema, un grupo vencellado á CUP que exhibiu unha carencia absoluta de solidariedade cos compañeiros músicos que foran virulentamente boicoteados ocupando o seu lugar no escenario.

"Unha foto non pode desencadear este linchamento", queixouse Eric Herrera en declaracións a NacioDigita.cat. "A fotografía comezou a circular de xeito anónimo a través das redes sociais", lembrou o músico. Máis tarde, alguén imprimiunas e decidiu colgalas polas paredes de Manresa. "Obviamente, a pesar de que me contrataron, eu ante este escenario non podo tocar", manifestou Herrera. "Paréceme mal que dunha fotografía tiren insultos e conclusións erradas. A min ninguén me preguntou que penso sobre o conflito entre Israel e Palestina", declarou o músico a NacioDigital.cat. Á vez instou a ler o seu twitter, no cal defende: "A miña opción para o Próximo Oriente sempre foi a dos dous Estados para dous pobos. Defendo por suposto o dereito a existir do Estado de Israel mais tamén a dun estado palestino", e xa que logo, non entende as acusacións de "racismo" espetadas contra o cantante.”o tema supera o simple debate do conflito palestino-israelí, e cae no puro linchamento antisemita”.Os grupos de boicoteadores fixeron chegar a banda e a Eric Herrera a mensaxe de que "non podían garantir a súa seguridade se decidian non suspender a actuación". Éric Herrera é marido de Anna Simó, deputada actualmente no Parlament de Catalunya por Esquerra e quen foi tamén na anterior lexislatura conselleira no Govern da Generalitat.

ACAI denuncia os feitos: "Hai que facer fronte ao totalitarismo"

"Temos que defender a dignidade e denunciar o totalitarismo daqueles que boicotean a un artista polo simple feito de ser visto xunto a unha bandeira de Israel", denunciaron a través da súa conte Facebook. Engaden que encher as rúas coa imaxe do músico "acusándoo" de ser amigo de Israel é "unha acción covarde propia da barbarie antisemita". Finalmente, ACAI fixo un chamado para que feitos coma este non queden impunes e pechou: "Hai que facer fronte ao fascismo".

Comentarios