A esquerda sionista israelí no centenario de Hashomer Hatzair


Discurso de Zehava Galon, deputada na Knesset (Parlamento) e Secretaria xeral de Meretz (partido da esquerda israelí) na apertura da Shomria Centenario de Hashomer Hatzair.  

Benqueridos compañeiros e compañeiras de Hashomer Hatzair:

É moi emocionante para min poder estar hoxe aquí. Milleiros de mulleres e homes que comparten o soño de sionismo, do socialismo e da irmandade entre os pobos. 

Un soño que completo é moito máis que a suma das súas partes, porque sen unha das partes todo o soño desequilíbrase.

Hashomer Hatzair é a nai espiritual de todos nós. De vostedes, de Meretz, e o meu propio. 

Hashomer Hatzair foi o primeiro movemento político que durante moitas décadas, entendeu que un nacionalismo non é xusto, se non ven acompañado polo valor da igualdade, se non ergue as bandeiras da xustiza social, da irmandade dos pobos e da solidariedade cos nosos veciños. 

O sionismo, o socialismo e a irmandade dos pobos. Xuntos. Sen separar os seus compoñentes.

Estes son fundamentos ideolóxicos establecidos por Hashomer Hatzair e a base da esquerda israelí. O sionista de Hashomer Hatzair construíu un país para ser parte da familia das nacións libres do mundo.

Vostedes son os nosos compañeiros para construír unha real democracia social, que implica o respecto e a solidariedade á persoa humana en tanto tal, independentemente da relixión, as crenzas, o sexo, a orientación sexual. 

O noso sionismo é laico, democrático e igualitario. Non mesiánico.

O noso sionismo é o oposto da ocupación e a colonización.

O noso sionismo non está en contra o mundo, senón que é parte del.

(...continurá)

Comentarios