Unha foto histórica. Shimón Peres ao carón de David Ben Gurión
Shimón Peres co Nobel da Paz no ano 1994 xunto a Yasser Arafat e Itzhak Rabín.
A súa data de cumpreanos será o 2 de agosto, mais a súa celebración anticípase e terá lugar o vindeiro martes 18 do mes que andamos en Jerusalem. Vai
ser sen dúbida un dos maiores eventos da historia da capital de Israel. A festa de
cumpreanos, do 90 aniversario do Presidente Shimon Peres será transmitida polas televisións de Israel e non só. Lembremos que Shimon Peres é o lider mundial máis lonxevo e en plena actividade política.
Desde aquí, desde GALIZA-ISRAEL, desde este modesto blog que ainda non cumpriu a súa primeira década, Mazel Tov! Os nosos máis calorosos e afectuosos parabéns por 90 anos de servizo a Israel, a democracia e a paz. Ver aqui o Centro Peres pola Paz
Comentarios