O cantante Elvis Costello ten unha actuación programada o día 25 de xullo deste ano no Heineken Jazzaldia de Donostia. Elvis Costelo sumouse á campaña do BDS (Boicot, Desinversión, Sancións) contra Israel. Mais eu quero facer unha pregunta moi simple: Elvis Costelo terá algo que dicir con respecto ao concerto patrocinado por Heineken en Madrid ao cal asistiron grupos neo-nazis como Batallón de Castigo e Iberian Woldes?.
Elvis Costelo cancelará a súa actuación en Donostia e sumarase á campaña de boicot emprendida contra Heineken por contratar e albergar nos seus concertos a ex presidiarios, facistas, neo-nazis como é o caso do integrante do grupo Battalón de Castigo e fundador da partido ALIANZA NACIONAL?
Lembremos que Eduardo Clavero, asasinou dunha puñalada a un rapaz de 19 anos polo que foi condenado a prisión aínda que foi posto en liberdade antes de cumprir toda a condena. Dentro do grupo Alianza Naciona, fundado por Eduardo Clavero (membro do grupo de rock) está tamén outro asasino, Pedro José Cuevas Silvestre, condenado por asasinato a 16 anos de prisión e posto en liberdade ao catro anos.
Elvis Costelo que fai alarde da súa solidariedade co pobo palestino e cancelou o seu concerto en Israel porque segundo el "vulnera os dereitos dos palestinos e mantén un réxime de Apartheid", será consciente ou alguén lle avisou que no concerto do Batallón de Castigo na sala Heineken de Madrid escoitaronse constantes berros e consignas racistas, de incitación ao odio e ao exterminio como: "MENOS LOCUTORIOS Y MÁS CREMATORIOS" ou "6 MILLONES MÁS A LAS CÁMARAS DE GAS"..........
Comentarios
Um génio na a Música e um ignorante na Política!
Abraço,
Israel Bloom