De seguido reproducimos o comunicado feito público hoxe por AGAI por mor do chamado de AGE a suspensuión dun concerto de Noa en Compostela
COMUNICADO DE AGAI:
AGE continúa na súa carreira de ser referente da ultradereita negacionista europea
Unha vez máis AGE teima en buscar a triste “honra” de situar a Galicia no mapa da Europa negacionista, xenófoba e referente dos grupos ultradereitistas e xenófobos de toda Europa. Grupos estes que como puidemos ver non hai moitas semanas, felicitaron públicamente a esta formación polo seu veto que fixo imposible aprobar unha simple Declaración Institucional no Parlamento galego de recordo das vítimas do Holocausto nazi. Esta vez AGE emprende unha campaña de discriminación contra unha cantante xudía, Noa.
AGE volve así a reiterarse nas súas obsesións patolóxicas e odios e pide discriminar a unha soa nacionalidade do mundo a unha cidadá do único estado xudeu do mundo. Na súa afición aos vetos, AGE pide agora vetar a unha cantante xudía.
Curiosamente estes talibáns con asento parlamentar nunca pediron boicots semellantes contra artistas marroquís, turcos, chineses, coreanos, iranianos, cubanos, rusos (entre outros) e o si fan contra xudeus israelís. Por que? Está claro que o vello odio existente en Europa contra o pobo xudeu segue manténdose vivo nos extremos, sexan estes de dereitas ou de esquerdas.
Como é se sobra coñecido, Noa é unha cidadá xudía e israelí que leva décadas loitando pola paz en Oriente Medio e no Mundo o que tenlle valido innumerables recoñecementos internacionais. Sendo público o seu compromiso na procura da convivencia pacífica entre árabes palestinos e xudeus israelies. Lembrar a participación de Noa no Festival de Eurovisión do ano 2009 conxuntamente coa cantante palestina Mira Awad
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, queremos facer un chamado á sociedade galega para que non se deixe intimidar por estes particulares inquisidores e acuda a este evento como símbolo de convivencia e de apertura. Así como de oposición aos fanatismos, oposición esta que sempre caracterizou á tolerante sociedade galega.
O papel que debe buscar Galicia e os galegos e galegas non é o da intolerancia e o fanatismo dos boicots e das portas pechadas, o que a nosa terra debe buscar e o do compromiso coa paz, cos dereitos humanos e contra calquera discriminación por razón de orixe nacional ou relixión
Vigo, 12 de maio de 2013
Comentarios