É ben sabido que, aparte de non servir para moito máis que condenar a Israel, os cumios da Liga
Árabe non son precisamente un exemplo de dinamismo político. Mais, por se
precisábamos unha proba gráfica, aquí temos esta imaxe da
delegación exipcia ao completo, co presidente Mursi á cabeza,
sesteando sen rubor (meditando?) durante a sesión inaugural celebrada
a semana pasada en Doha, Catar. E iso que, por unha vez, algún titular sí que
deu o encontro: A Liga recoñeceu o dereito dos países
membros a armar a oposición siria, que, ademáis, puido participar con asento propio no cumio.
Comentarios