Enquisa sobre antisemitismo en Varsovia


O 45% dos alumnos polacos do ensino medio serían "infelices" se descubrisen que un membro da súa familia era xudeu


Unha elevada porcentaxe de escolares polacos son abertamente antisemitas, dacordo cunha nova pescuda realizada en escolas de toda a cidade de Varsovia. A investigación, encomendada por líderes xudeus da cidade para conmemorar o 70 º aniversario do Levantamento do Gueto de Varsovia, mostrou que máis do 60% dos preguntados sería "infeliz" se descubrisen que o seu noivo ou noiva era xudeu. Os investigadores tamén descubriron que o 45 por cento dos estudantes da cidade sería "infeliz" se un membro da familia se revelase xudeu, co 44 por cento dicindo que non lles gustaría ter un veciño xudeu e outro 40 por cento dicindo que non lle gustaría ir a escola cun xudeu.

Os alumnos estudiados tamén mostraron unha clara falta de coñecemento da historia xudaica da cidade. Por exemplo, eles pensaban que a poboación xudia antes da guerra de Varsovia era do 18 por cento, cando en verdade un de cada tres moradores da cidade era xudeu. O xornal Daily Mail do Reino Unido citou ao Dr.Michal Bilewicz, do Centro Polaco para a Investigación dos prexuízos na Universidade de Varsovia, dicindo: "A consciencia histórica de alumnos do ensino medio de Varsóvia é extremamente pobre, o que é, infelizmente, unha reflexión sobre o padrón de ensino nas nosas escolas. "E esta falta de consciencia histórica e de conscientización explica a súa aversión aos xudeus modernos". A enquisa foi realizada polo Instituto de Investigación de opinión pública Homi Homini en marzo, con 1.550 estudantes do ensino medio.

Comentarios