O Parlamento de Galiza négase a conmemorar e condenar o Holocausto

Achegamos de seguido o comunicado feito público hoxe pola Asociacxión Galega de Amizade con Israelk-AGAI sobre estes lamentábeis feitos:



COMUNICADO  

O VETO DO BNG E AGE FAI FINALMENTE IMPOSIBLE A CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO HOLOCAUSTO NO PARLAMENTO DE GALICIA.

Despois de tres anos consecutivos (2010, 2011 e 2012) nos que o Parlamento de Galicia si aprobou Declaracións Institucionais co gallo da conmemoración internacional (establecida oficialmente no ano 2005 por Nacións Unidas) como fan todos os Parlamentos de Europa así como os diferentes Parlamentos autonómicos e o Congreso e Senado, este ano o veto inxustificable por parte de AGE e BNG fixo imposible a unanimidade regulamentaria necesaria para que o noso parlamento se puidera sumar un ano máis a conmemoración mundial.

Salientar a contradición do BNG negándose a aprobar un texto de declaración idéntico ao que si aprobaron nos anos 2010, 2011 e 2012. 

Desde AGAI lamentamos este veto que representa un paso atrás, e facemos votos por que este erro non se volva a repetir na cámara que representa a todas as galegas e galegos. E que a conmemoración e a memoria do asasinato industrial de millóns de seres humanos durante o Holocausto nazi (centos deles galegos agora desprezados e ignorados) non volva sufrir un veto inxustificable no noso Parlamento

Vigo, 6 de marzo de 2013
.

Comentarios