O Parlamento galego négase a condenar o Holocausto nazi
O
veto inxustificábel do BNG e AGE fai finalmente imposíbel a
conmemoración do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto
na cámara galega
Durante tres anos (2010, 2011 e 2012) o Parlamento de
Galicia veu aprobando Declaracións Institucionais co gallo da
conmemoración internacional (establecida oficialmente no ano 2005
por Nacións Unidas) como fan o Parlament de Catalunya ou o Eusko Legebiltzarra-Parlamento Vasco, así como todos os Parlamentos de Europa, o Congreso e Senado do estado, e incluso as diferentes cámaras autonómicas,
este ano 2013 o veto inxustificábel por parte de AGE e do BNG fixo imposíbel
a unanimidade regulamentar precisa para que o parlamento galego se
puidera sumar un ano máis a conmemoración mundial. Salientar
a incríbel contradición na que incorre o BNG negándose este ano a aprobar un texto de declaración
idéntico ao que si aprobaron nos anos 2010, 2011 e 2012.
Desde GALEUSCAT-ISRAEL condenamos
enerxicamente este veto que representa un paso atrás, e facemos un
chamado para que este veto non se volva a repetir na cámara que
representa a
todas as galegas e galegos. E que a conmemoración e a memoria do
asasinato industrial de millóns de seres humanos durante o
Holocausto nazi (centos deles galegos republicanos e galeguistas agora
desprezados e ignorados)
non volva sufrir un veto inxustificábel no Parlamento galego.
Santiago de Compostela, Barcelona, Vitoria-Gasteiz
9 de marzo de 2013
Comentarios