A propósito do desatino de BNG e ANOVA-IU


Por Maribel Ferreiro

O BNG, xunto con ANOVA e IU, veñen de abortar unha Declaración do Parlamento galego na que, como outras moitas Cámaras do mundo democrático, rexeitaba o criminal acto de asasinato masivo perpetrado polos nazis durante a II Guerra Mundial. Tal aldraxe aos máis elementáis principios éticos e humanitarios, pretenden xustificalo o BNG e ANOVA-IU con estes estultos motivos: que non se fala expresamente dos palestinos, e que o Holocausto favorece a Israel.
A propósito de tal desatino, con todo o meu respecto, dígolles:
1º.-Que ninguén se opón a que vostedes estean a prol ou en contra de Israel, dos palestinos, ou de ámbos. Acepto calquer posicionamento e, tal que Voltaire, daría a miña vida porque cada quen poidera defender as súas ideas ainda que non coincidan coas miñas propias.
2º.- Que vostedes non están privados de propor manifestos, mobilizacións o calquera outra acción de solidariedade co pobo palestino.
3º.- Que é lamentable que representantes da nosa cidadanía non sexan quen de distinguir que a condena que ten acordado a ONU, non se refire ao dano inflixido aos israelies senon a toda a raza humana.
4º.- Que a súa postura deixa moi serias dúbidas sobre como actuaria o BNG e ANOVA-IU chegado un momento crítico semellante.
5º.- Que a actuación de vostedes neste asunto, non é, senon, unha porcallada moral.

Comentarios