A ex ministra de Relacións Exteriores, Tzipi Livni, controu a súa campaña electoral case exclusivamente na urxente necesidade de achegar un acordo de paz cos palestinos e a súa responsabilidade neste problema é a principal condición que puxo para unirse a un goberno de coalición, algo que según fontes ben informadas o Likud ven de aceptar. Un alto membro do partido Likud que está involucrado nas intensas negociacións para unha coalición de Netanyahu dixo martes que se considera moi seriemente a demanda de Tzipi Livni, nomeándoa como Ministra (ad hoc) a cargo das negociacións de paz cos palestinos.
Livni, ex chanceler, que é ben considerada nas capitais occidentais, cumpriría un rol de moderación evidente do goberno de Netanyahu. Pola contra Lieberman, que está pendente de xuízo por acusación de abuso de poder, pénsaselle outorgar a presidencia da Knésset. "A nosa impresión é que Livni cambiou o seu enfoque e acepta ser membro do novo goberno de Netanyahu", agregou o alto dirixente do Likud. "Ela transmite actualmente unha verdadeira intención de entrar na coalición", finalizou.
As negociacións quedaron en suspenso temporal o pasado martes, mentres que a nova Knésset foi xa constituida, produciuse a considerable tensión entre o centrista Yesh Atid e o dereitista Israel Beitenu, xa que este último ficou eclipsado polo protagonismo das novas figuras emerxentes e non ve con bos ollos a cordial relación de Lapid e Netanyahu, quen saudou moi efusivamente no trascurso da cerimonia de constitución da Knesset. En cambio, o apertón de mans entre Netanyahu e o presidente do partido dereitista Habait Hayehudi, Naftali Bennett foi extremadamente frío, un sinal de que a súa tensa relación. Fontes do Likud engadiron que aínda é demasiado pronto para dicir se o centrista Lapid unirase ao goberno. "Lapid ainda está tomando terra", dixo un portavoz.
Netanyahu, pola súa banda, reiterou o seu chamado a un goberno de unidade nacional amplo de onte no acto de toma de posesión, advertindo que "Ninguén vai facer a paz cun débil, dividido Israel".
Comentarios