Charla-coloquio en Vigo: "Catalanismo e Israel"


Catalanismo e Israel

O vindeiro venres día 14 de decembro ás 20:00 horas terá lugar unha Charla-coloquio sob o título de "Catalanismo e Israel" no salón do Hotel México en Vigo sito na Vía Norte 10

Presenta: Xoán Bernárdez Vilar, membro da Real Academia Galega, socio-fundador de AGAI e histórico militante galeguista
Intervén: Jaume Renyer, primeiro president-fundador da Associació Catalana d´Amics d´Israel - ACAI

Entrada libre

JAUME RENYER i ALIMBAU 
Vila-seca 1958
Licenciado en Dereito pola Universitat de Barcelona (1981).
Conseller do Consell Consultiu de la Generalitat de Catalunya (2000-2004).
Membro da Comissió Mixta de Transferències Estat-Generalitat (2004-2009) 
Foi militante do Partit Socialista d’Alliberament Nacional dels Països Catalans (1975-1979) e nunha segunda etapa entre 1986 e 1991.
Militante de
Nacionalistes d’Esquerra (1979-1983).
Militante de
Esquerra Republicana de Catalunya (1991-2009), membro da súa Executiva (1991-1996).

Militante de Reagrupament Independentista (2009-2010), membro da súa Executiva.
Actualmente é militante de
Solidaritat Catalana per la Independència. É membro da súa Executiva Nacional desde 2010 ate hoxe
Foi un dos fundadores no ano 2009 é foi o seu primeiro president da L'ASSOCIACIÓ CATALANA D'AMICS D'ISRAEL xunto con personalidades da vida politica catalana como Pilar Rahola, Josep-Lluis Carod-Rovira, Jordi Pujol, Alfons Lopez Tena, Joan B.Culla, etc…
Lembrar en en Catalunya existe xa desde hai 35 anos outra entidade dedicada as actividades estritamente culturais entre Catalunya e Israel cal é a Associació de Relacions Culturals-Cataluya Israel
No mes de marzo de 2012 Jaume Renyer foi un dos promotores xunto a Jon Iñarritu, Pedro Gómez-Valadés, Josep-Lluis Carod-Rovira, Pilar Rahola, Iñaki Anasagasti, Carlos Penela, Xoán Bernárdez, etc... do Manifesto colectivo desde Catalunya, Euskal-Herria e Galiza denominado GALEUSCAT-ISRAELPOLA PAZ CONTRA O BOICOT A ISRAEL”

Autor de moi ampla bibliografía, salientar entre outros libros:
      *Anticatalanisme i antisionisme, avui (2011)
       (con prologo de Joan B. Culla)
      *Un estado judío y democrático (2010)
      *L’estat contra els pobles, la globalització i el fenomen nacional a Europa (2002)
* Catalunya qüestió d’estat (1995)

* L’autodetermianció del poble català preguntes i respostes (2000)
* Avantprojecte d’estatut nacional de catalunya (2001)

Organiza: Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI

Comentarios