Pola paz no Oriente Próximo



Por Mateo S.Franco Rodríguez

Nos últimos días vimos observando como Hamás, tras 7 anos reforzándose coa axuda do Irán e Exipto, xa ten o arsenal suficiente como para atacar de novo a Israel.

Máis de 1000 mísiles dirixidos a territorio israelí saíron desde a Faixa de Gaza. Maís dun 40% da poboación israelí está en perigo (preto de 4 millóns de persoas) que tan só teñen 15 segundos desde que soan as alarmas para poder refuxiarse e sobrevivir.

Hamás lanza os mísiles dirixidos á sociedade civil israelí mentres os terroristas escóndense entre o seu pobo. Israel manda milleiros de mensaxes á sociedade civil palestina para que se alonxe dos terroristas e se poñan a salvo deles, xa que só os asasinos son o obxectivo de Israel.

Israel, como todo estado pacífista, tan só busca defenderse e protexer aos seus civís dos ataques terroristas. A súa posición é extremadamente complicada. Ante eles teñen a unha Palestina cuxa constitución sinala que o obxectivo de todo o país é e debe ser o exterminio de tódolos israelís e a restitución de Palestina na súa rexión histórica, e onde cerca do 80% dos seus cidadáns están a favor do exterminio de todo o pobo israelí.

Como defensor do principio de non-agresión e do isolacionismo militar, son partidario de que Israel defenda as súas fronteiras cos seus medios. Ningún país alleo debería intervir neste conflicto, nin en ningún outro.

Tamén, lamento profundamente e prodúceme grande vergoña o pro-palestinismo de moitos medios de comunicación españois que se posicionan do lado dos terroristas de Hamás, quen comezaron o conflicto. En ocasións o odio aos xudeus por parte de certa prensa española semella até superar o antisemitismo de Hitler.

Por último, desexo que a paz que firmaron a Autoridade Nacional Palestina e o goberno de Israel no 2005 alterada co golpe do grupo terrorista Hamás, quen actualmente ostenta o poder da Faixa de Gaza, sexa reeditado en breve e, para iso, que a sociedade civíl palestina lle dea as costas ao grupo terrorista Hamás e abrace a paz no Oriente próximo. Por un futuro de convivencia entre Israel e Palestina.

Comentarios