Esta semana pasada circulou pola rede un vídeo cuxo visionado provoca angustia. Foi filmado a pasado fin de semana en Nevi Salaj, unha aldea palestina perto de Ramallah, ao sur de Cisxordania e mostra como tres nenos palestinos e fillos de militantes de grupos de activistas prolpalestinos provocan verbalmente a uns soldados israelís no que forma parte da manifestación semanal que se desenvolve nesa localidade. Máis aló dos nenos e os soldados, chama a atención neste vídeo a cantidade de cámaras, tanto de vídeo como fotográficas, que están a documentar toda a escea. De feito, vese moi facilmente que non se trata máis nada que dun "acontecemento mediático" organizado especialmente para provocar aos soldados coa "esperanza" de que os soldados reaccionen contra os nenos e de que así os "xornalistas" obteñan o seu pretendido material demonizador dos israelís.
Lamentabelmente ese tipo de escenas ocorren en Israel día si e día tamén e, de feito, de cando en vez aparece circulando nas redes sociais e nos medios de comunicación algún vídeo no que un soldado maltrata á poboación civil. Antes de continuar quero aclarar que condeno radical e rotundamente calquera tipo de malos tratos, veña de onde veña, e que o meu apoio é absoluto á política do exército israelí de xulgar aos soldados a quen se acusa diso e de depurar responsabilidades ate as últimas consecuancias..
Doutra banda, este vídeo mostra desde o meu punto de vista unha das caras máis horribles da guerra de propaganda, a que acusa directamente aos responsábeis destes nenos e a aqueles que cooperan na acción e que lles incitan a levala a cabo. E enorme a cantidade de cámaras que están hoxe en mans de xornalistas, pseudo-xornalistas, cooperantes e civís palestinos en Cisxordania. E moitas organizacións prol-palestinas entenden perfectamente que o impacto dunha imaxe circulando polas redes sociais é moito maior que calquera discurso de Abu Mazen ou dun embaixador palestino en calquera lugar do mundo. Por iso mesmo, o feito de que tan poucos vídeos deste tipo estean a circular demostra que a realidade non responde a aquilo que algúns pretenden. Serei máis claro aínda. Se as súas acusacións sobre dos pretendidos malos tratos cotiáns recibido polos palestinos a mans dos soldados fosen verdade, internet estaría chea de tales imaxes e non sería necesario provocar supostos incidentes, tal como comprobamos que se fai con só ver este vídeo.
Ademais, a situación é se cabe aínda peor do que parecería a primeira ollada. Non se trata só dun intento de provocación, grave xa de seu. Eses cooperantes están a abusar dos nenos palestinos para alcanzar os seus obxectivos propagandísticos e páganlles diñeiro para que se enfronten e provoquen aos soldados esperando ansiosos unha resposta violenta destes en contra dos nenos. E todo iso co visto e prace dos propios pais, que están a converter aos seus fillos en simples ferramentas propagandísticas. Os escudos humanos do século XXI.
Onde están as organizacións de dereitos humanos e dos dereitos dos nenos fronte a este abuso? Sabemos perfectamente onde están: detrás das cámaras berrando... Acción!!!
Comentarios