Unha Catalunya soberana, unha Galiza soberana, unha Euskal-Herria soberana e con estados propios, xamais poderían tolerar ataques contra a súa poboación civil.
Dicir o contrario é un contrasenso absoluto coa reclamación democrática e cívica do recoñecemento de nosas tres nacións como estados de pleno dereito en Europa.
Desde GALEUSCAT-ISRAEL facemos un chamado urxente a Hamas como responsábel do mantemento da orde na Faixa de Gaza para pór fin aos seus ataques e constantes provocacións en aras dunha pacificación previa da zona no camiño dunha necesaria solución negociada e pacífica do conflito palestino-israelí
Porque a paz só chegará a rexión pola vía da negociación e do recoñecemento mutuo.
Dous Estados para dous pobos. Un Estado xudeu para o pobo israelí e un Estado árabe para o pobo palestiano
Comentarios