Na últimas sondaxes publicada antes da disolución da Knesset daba vantaxe ao Partido Likud de Benjamin Netanyahu. Se as eleccións tiveran lugar a semana pasada o Likud obtería 30 escanos, o Partido Laborista de Shelly Yachimovich ficaría en segundo lugar con 19, en terceiro xurdiría o Ysrael Beiteinu de Avigdor Lieberman con 14, a que se seguirían o Yesh Atid de Yair Lapid con 11 e o Shas de Eli Yishai con 10. O Partido Kadima liderado por Shaul Mofaz sufriría unha pesada derrota pasando dos anteriores 28 a só 8 escanos. Dos restantes partidos, os árabes-israelis obterían 11 escanos, o Meretz 4 e os restantes relixiosos xudaicos obterían 14. Media tirada das sondaxes do xornal Haaretz, do Instituto Israel Hayom & Dahaf, e da canle de televisión da Knesset:
Comentarios