Novidade editorial: "El franquismo, cómplice del Holocausto"



Tras o éxito de Los secretos del franquismo, e investigando no mesmo pozo documental de arquivos secretos desclasificados, esta vez non so de Estados Unidos senon tamén do Reino Unido e Holanda, Eduardo Martín de Pozuelo volve a sacar á luz unha verdade histórica coidadosamente agochada polo réxime franquista. E hai que dicir que con éxito, porque ata agora ninguén pensaba en Franco cando se falaba do holocausto, como se a España pronazi de principios dos cuarenta tivera visto de lonxe cómo Alemaña deportaba e executaba a millons de xudeus. Pero a realidade teimuda, que aflora nos documentos citados, mostra que Franco puido salvar a decenas de milleiros de sefarditas, pero preferiu deixalosmorrer, a pesares dos reiterados ultimátums alemanes que lle advertían das medidas extremas de que serían obxecto. Iso si, non se esqueceu de reclamar as propiedades e o diñeiro dos deportados, considerados por tanto cidadáns españois en toda regra. Algúns diplomáticos actuaron pola súa conta e contra as ordes de Madrid, para salvar unhas decenas ou uns centos de persoas; e cando a guerra cambiou de curso e os aliados empezaron a presionar a Franco, este apropiouse dos seus actos heroicos para gañarse a benevolencia dos vencedores. A primeira parte deste libro debulla todo o devandito dunha forma contundente e é un dedo acusador contra a complicidade do franquismo coa barbarie. A segunda parte aborda outros episodios como o impulso alemán que recibiu o golpe de estado de 1936, unha tese xa apuntada nos segredos do franquismo pero que aquí aparece reforzada, e o control tamén nazi da prensa española, e termina co difícil camiño da transición tal  resto de países occidentais, unha transición que tamén levou a primeira homenaxe dun xefe do Estado español, o Rei, ás vítimas da shoah. 

Comentarios