A farsa da flotilla




Mais unha vez asistimos a unha nova tentativa de enganar a opinion pública mundial através dunha embarcación tentando levar "axuda humanitaria" para a Faixa de Gaza. Os promotores deste evento mediático tentan convencer aos menos avisados de que falta de todo en Gaza debido ao bloqueo naval existente. Todo o que os habitantes de Gaza, e tamén os activistas de Hamas, desexen obter nos últimos anos, o poden conseguir infiltrar através dos túneis construídos clandestinamente na fronteira de Gaza con Exipto. O máis dun cento de pasos subterraneos onde desde xelados, alén naturalmente de armas, son introducidas no territorio palestino.

O veleiro Estelle foi encamiñado, pacificamente, para o porto israeli de Ashdod e, para sorpresa xeral, non levaba ningunha axuda humanitaria a bordo.

Conforme puideron constatar as propias axencias de prensa europea (mais non divulgar), a axuda máis evidente que habia no barco eran varios balóns de fútbol. Resulta evidente que os participantes desta aventura naval deberian ter ido para a Síria, se realmente desexasen levar axuda humanitaria para os que realmente a precisan

Comentarios