Entre os días 8 de agosto e ate o 8 de setembro de 2012
Na Sala Municipal de Esposición
Onte mércores día 8 foi inaugurada na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica de Tui a exposición “España-Israel en caricaturas” conmemorativa dos 25 anos de relacións diplomáticas entre os dous países. A mostra está organizada pola Embaixada de Israel e a Concellería de Cultura de Tui coa colaboración do Centro Sefarad Israel, a Asociación da Prensa de Madrid e a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI.
A exposición recolle perto de 50 debuxos de grande tamaño realizados por dezaoito debuxantes israelís e españois. Entre eles Mingote, Juan Álvarez, J. M Varona “Che”, José Orcajo, Nimrod Reshef, Zeev Engelmayer, Sergei Sichenko entre outros moitos.
A mostra pode visitarse ate o 8 de setembro. Esta actividade forma parte do programa da Xornada Europea da Cultura Xudía 2012 que comprende tamén visitas guiadas a vestixios xudeus en Tui o 31 de agosto, e o 1 e 2 de setembro.
Comentarios