Que foi antes, o ovo ou a galiña?




Un dos alicerces do traballo xornalístico que se aprende na Facultade é a definición Causa-Efecto dunha noticia. É dicir, que foi o que xerou a reacción posterior? e en que medida esta resultou ser relevante en relación á súa causa? Do mesmo xeito, outro alicerce de suma importancia é a elección do suxeito ao cal se refire unha noticia. Con todo, parece que non todos aprenderon estes fundamentos do xornalismo, tal como pode comprobarse no exemplo da seguinte noticia:


En primeiro lugar, neste artigo a consecuencia anteponse á causa que a provocou e, en segundo lugar, intercámbianse os papeis entre o agresor e a vítima. Desde a miña perspectiva, os feitos son que un terrorista palestino tentou asasinar a un policía israelí, que acabou por dispararlle nunha clara medida de autodefensa. cal é a túa opinión?

Comentarios