Manifesto francés contra o boicot a Israel



O BOICOT A ISRAEL É UNHA ARMA INDIGNA

Fálase dunha campaña na Francia, consistente en promover un embargo de Israel, tanto na orde económica canto na do mundo universitario ou cultural. Os seus fundadores, reunidos nun colectivo chamado Boicot, Desinvestimento, e Sancións-BDS, non se preocupan cos detalles. Vista a súa carta, todo o que sexa Israel é culpábel, dando a impresión de que é a palabra "Israel" a que desexan, efectivamente, limpar dos espíritos e dos mapas.

A ilegalidade do proceso non ten ningunha dúbida e os tribunais franceses non van demorar en confirmalo. Mais vai ser difícil que a xustiza castigue o que é esencial neste caso. É por todo isto que nós, asociacións, cidadáns de todas as cores, actores da vida do noso país, todos igualmente comprometidos coa paz no Próximo Oriente e, xa que logo, na defensa dun Estado palestino viábel e democrático ao carón de Israel, estamos convencidos de que os boicotadores están errados de batalla ao tomar o partido da censura, en vez do da paz, o de separación ao contrario da coexistencia posíbel e necesaria; nunha soa palabra, o discurso de odio e non o da palabra e o da vida compartidas.

A posibilidade de criticar, mesmo contundentemente, a política do goberno israeli relativa aos palestinos non está en causa aquí. Poucos gobernos son tan severamente xulgados, incluíndo por algúns de nós. Mais a crítica nada ten a ver co rexeitamento, a negación e, finalmente, a deslexitimación. E nada pode autorizar que se aplique á democracia israeli un tipo de tratamento que non se aplica hoxe a ningunha outra nación no mundo, aínda que sexan unhas ditaduras espantosas.

Especialmente desde que, de feito, todo o rexeitamento e a súa estupidez fan que sexa aplicada ao mesmo movemento das forzas que, en Israel, día tras día, traballan en prol do achegamento cos palestinos, tornando deste xeito os partidarios do boicot en sabotadores e náufragos da esperanza.

A paz non se vai facer sen os palestinos. Mais ela tampouco pode ser feita sen os israelitas. E menos aínda sen os intelectuais e homes e mulleres da cultura que, independentemente do seu país de orixe ou da súa cor política, traballan para unir os pobos. Ceder ao chamamento do boicot fai imposíbeis os cambios. Impor, por exemplo, aos investigadores ou escritores israelitas calquera castigo colectivo é abandonar calquera perspectiva de solución política ao conflito e significa que a negociacion non está no campo do posíbel.

Nós non aceptamos esa confesión de fracaso. Pensamos que o noso papel é propor un camiño de diálogo. É por todo isto que nós, asinantes, estamos firmemente contra o boicot a Israel e pola paz - e, especificamente, contra o boicot porque estamos pola paz.

Asinan:

François Hollande, deputado do Partido Socialista-PS
Yvan Attal, actor
Pierre Arditi, actor
Georges Bensoussan, historiador
Michel Boujenah, actor
Patrick Bruel, cantautor
Pascal Bruckner, escritor
David Chemla, secretario xeral de JCALL
Bertrand Delanoë, alcalde de de París
Frédéric Encel, xeopolitologo
Alain Finkielkraut, filosofo
Patrick Klugman, avogado
Georges Kiejman, avogado
Anne Hidalgo, tenente de Alcalde (Partido Socialista-PS) no concello de París
Bernard-Henri Lévy, filosofo
Mohamed Sifaoui, escritor
Yann Moix, escritor
Bernard Murat, director de teatro
Jean-Marie Le Guen, deputado do Partido Socialista-PS
Pierre Lescure, director de teatro
Serge Moati, xornalista
Daniel Racheline, vicepresidente de JCALL
Arielle Schwab, presidente de l'UEJF
Dominique Sopo, presidente de SOS-Racisme
Gérard Unger, presidente de JCALL
Manuel Valls, deputado polo Partido Socialista-PS e Alcalde de Evry
Michel Zaoui, avogado. 

VER ORIXINAL PUBLICADO NO XORNAL LE MONDE:
"Le boycott d'Israël est une arme indigne"
http://www.lemonde.fr/idees/article/2010/11/01/le-boycott-d-israel-est-une-arme-indigne_1433857_3232.html



Comentarios