Chamado panaeuropeo de STOP THE BOMB


Chamado paneuropeo para que o P5+1 non tolere as tácticas dilatorias iranianas na cuestión nuclear. Políticos, destacadas figuras públicas e STOP THE BOMB esixen unha acción firme contra o programa nuclear iraniano.



STOP THE BOMB, a coalición europea para un Irán democrático e sen armas nucleares, que se fundou en 2007 en Austria, ven de facer publica unha declaración común de políticos europeos e destacadas figuras públicas para advertir sobre o perigo dun acordo débil co réxime iraniano antes das conversacións sobre o programa nuclear en Bagdad .

A declaración conxunta que asinaron o excomandante do exército británico en Afganistán Richard Kemp, a exministra española de Asuntos Exteriores Ana Palacio, o Premio Nobel Elfriede Jelinek, o exministro do Interior holandés Bram Peper, Beate Klarsfeld, portavoz de política exterior do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) Gert Weisskirchen, entre outros, di o seguinte:

"Na véspera das próximas conversacións entre o P5+1 e Irán en Bagdad, nós, os abaixo asinantes, xunto coa coalición europea STOP THE BOMB instamos os políticos da Unión Europea e aos Estados Unidos a que estean unidos e decidido a impedir a bomba nuclear iraniana.

Os Gobernos occidentais non deben tolerar as tácticas iranianas para obstruir o progreso e impedir a decisiva acción internacional. É imprescindíbel que o P5+1 faga cumprir as esixencias da comunidade internacional para que Irán suspenda o enriquecemento de uranio e as actividades de reprocesamiento, como se recomendou na resolución 1696 do Consello de Seguridade da ONU.

Ademais, a Unión Europea non debe permitir ningún atraso coa posta en práctica do embargo de petróleo, así como da prohibición do seguro aos barcos. Os Gobernos occidentais deben traballar para aumentar a presión política e económica sobre o réxime iraniano e deberían ampliar o apoio á oposición democrática e secular iraniana".

A portavoz de STOP THE BOMB, Simone Dinah Hartmann, engadiu:

"Os numerosos datos do programa armamentístico nuclear iraniano que publicou un grupo da oposición iraniana, sobre todo respecto ao desenvolvemento febril dunha cabeza nuclear, demostran unha vez máis a gravidade da situación".

A listaxe completa de asinantes atoparaa aquí:


Comentarios