Deportado de Viena a Maly Trostinec. Unha lembraza adiada


Imaxe: Bosque en Maly Trostinec

DEPORTADO DE VIENA A MALY TROSTINEC. UNHA LEMBRANZA   ADIADA*
Documental, Austria 2012.
 

En ningún outro lugar foron asasinados tantos austriacos, vítimas do nazismo, como en Maly Trostinec, Bielorrusia.

10.000 persoas foron deportadas de Viena até unha zona boscosa nas proximidades dun pequeno lugar a dez quilómetros de Minsk, sendo fusiladas ou gaseadas. En total, alí foron asasinados entre 40.000 e 60.000 xudeus, sobrevivindo apenas 17 persoas.
 
Case ninguén sabe nada acerca de Maly Trostinec. A historia do lugar foi descoñecida durante moitas décadas para o grande público. Por vez primeira, por medio da iniciativa levada a cabo por unha vienesa comprometida con esta historia, Waltraud Barton, actívase unha lembranza que tiña sido adiada demais, unha lembranza da deportación padecida pola poboacion xudía austriaca a Maly Trostinec. 

O documental relata os destinos persoais dos protagonistas desa historia e fornece novas valoracións á significación histórica que tivo Maly Trostinec no contexto dos campos nazis de concentración e de exterminio.
*Título orixinal: Deportiert von Wien nach Maly Trostinec. Eine verspätete Erinnerung.

Comentarios