14 de maio de 1948. 14 de maio de 2012.



A vindeira semana, o dia 14, comemoramos os 64 anos da declaración de independencia do Estado de Israel por David Ben Gurion, foi un 14 de maio de 1948.

Pasaron 64 anos de moito suor, sangue e lágrimas derramadas polo pobo de Israel. Moitos afirman que o Estado de Israel existe grazas á axuda financeira mundial dos xudeus. Isto é unha media-verdade. Outros din que foi a forza política dos xudeus americanos a que garantiu a existencia do Estado Xudeu. Isto tamén é unha media-verdade. Israel existe por unha suma de forzas positivas que, xuntas, consolidaron un soño milenario de volta ao Fogar Nacional Xudeu. O alicerce que sustenta este soño, hoxe unha realidade, é o propio Pobo de Israel. Ningunha axuda, ningún lobby, ningunha campaña de relacións públicas ou os múltiplos aplausos recibidos, poden substituir aos mozos, á xuventude israelí que, de dia e de noite, arriscan as súas vidas defendendo as fronteiras de Israel, defendendo a soberanía nacional.


Lembrar o dia da independencia é lembrar a aqueles que morreron na súa defensa, na defensa do dereito irrenunciábel ao exercicio do dereito de autodeterminación, a perto de 23.000 israelies, a maioria na idade de 18 a 23 anos, que enlutaron a máis de 10 mil famílias. Desde Galiza, desde o Colectivo GZ-Israel o noso recoñecemento e a nosa profunda admiración. O pobo de Israel vive! Am Israel Jai!

Comentarios