Que tristeza o cerebro... que dicía o inesquecíbel poeta verinés Xaime
Noguerol. Menudo desnorte o desta xentiña... Como podedes ver, é un
cartaz anunciado unhas xornadas seica independentistas galegas, nas que
aparece esta bucólica imaxe: unha moza
que combina, coa graza e o descaro dos nosos difusos e tolos tempos
ideolóxicos, o veo islámico cunha camisola coa faciana do Ché. Logo
claro ver ao Partido de Deus (Hezbollah) ou a Resistencia Islamica
(Hamas) como "vangarda da loita antiimperialista" é un chanzo máis no
seu delirante desnorte. Sonche xentes marxinais, certo, e con vocación
de marxinalidade. Mais tedes que desculpar pero cabrea que estes
tipiños se reivindiquen de esquerdas e logo vaian de talibáns SS
boicoteando actos... que tristeza o cerebro...
Comentarios