Jorge Semprún sobre Günter Grass: "Non debeu falar tanto e de todo".


Estrañaba ao escritor español, quen estivo preso no campo de concentración nazi de Buchenwald, que o autor alemán esperase tantos anos para falar do seu paso polas SS

EFE -  26 de maio de 2007

O escritor español Jorge Semprún dixo hoxe que Günter Grass debería ter sido máis reservado nas súas opinións tendo en conta o seu pasado e a súa pertenza ás SS. "Cando se estivo nas SS, voluntaria ou involuntariamente, non se debería falar tanto", dixo Semprún ante a prensa antes de recibir o doutoramento honoris causa en filosofía polo Universidade de Potsdam. Semprún, ao ser preguntado sobre o caso Grass, empezou dicindo que podía entender que "aos 16 ou 17 anos" o escritor alemán tivese entrado nas SS, pero o que lle estrañaba moito era que gardase silencio durante tantos anos. "Ademais, se Grass se limitara a escribir libros, e polo demais levase unha vida discreta, o asunto non sería tan notábel. Pero el pasouse toda a vida opinando sobre todo o imaxinábel, E moitas veces tivo razón", dixo Semprún. "En certa ocasión estiven con el e cun grupo de escritores franceses no sur de Francia e alí el explicounos o que debiamos de pensar sobre todo. Cando se estivo nas SS, voluntaria ou involuntariamente, non se debería falar tanto", remachou Semprún.

Comentarios