Snow in Jerusalem 2.3.2012 from Ofek Gilboa on Vimeo.
Jerusalemn amenceu onte cuberta polo manto branco dunha nevada, algo que non ocorría desde hai catro anos.
Tres centímetros de neve cubrían os tellados e rúas de Jerusalem, onde o Concello tivo que empregar intensa,ente os vehículos municipais para que limparan as rúas e estradas. Nalgunhas partes de Israel, como na cidade de Safed, e nos Altos do Golán as escolas suspenderon as clases debido ás nevadas. En Safed, as autoridades locais pediron á poboación que non conduza e suspendeuse tamén o transporte público. Segundo os meteorólogos, hoxe sábado rexistrarase o día máis frío do ano en Jerusalem, onde a choiva constante e fortes ventos durante as últimas 48 horas encheron as rúas de paraugas esnaquizados e arruinando os plans de centos de turistas que pretendían visitar os lugares cubertos de neve. O mal tempo afectou tamén ao tráfico aéreo no Aeroporto Internacional Ben Gurión, onde un avión da compañía holandesa KLM non puido aterrar e tivo que facelo na próxima illa de Chipre. As árbores arrincadas e ramas caídas polo vento tamén dificultaron o tráfico rodado e en Tel Aviv o Concello puxo en marcha un albergue especial para as persoas sen fogar. A pesar das incomodidades que produce, o manto branco que cobre a vella cidadela amurallada e os copos de neve ao caer sobre a cúpula dourada no Monte do Templo regalan hoxe aos habitantes de Jerusalem estampas de gran beleza.

Comentarios