En moitos medios de comunicación é frecuente atopar referencias á loita de Hamás contra Israel, así como declaracións que instan á poboación palestina a revelarse contra "o inimigo sionista". Con todo, a información sobre os abusos e violacións dos Dereitos Humanos que Hamás, a organización islamo-fascista que goberna a Franxa de Gaza de facto, perpetra contra a súa propia poboación, son moito menos frecuentes.
Unha información da axéncia EFE, alerta sobre unha "crise humanitaria" en Gaza, provocada pola falta de combustible. Posteriormente, explica que a responsábel pola devandita crise é, precisamente, Hamás.
"O Centro palestino de Dereitos Humanos e responsábeis do goberno de Hamás en Gaza advertiron este xoves dunha catástrofe sanitaria e ambiental se non volve funcionar a única planta eléctrica da franxa territorial palestina", publica "Desde hai un mes, o Goberno de Hamás en Gaza non compra diesel a Israel (a través da Autoridade Nacional Palestina, ANP) e confiou a alimentación da central ao que chegaba só polos túneles. Pero, desde o martes a crise incrementouse despois de que se interrompese o fluxo de diesel industrial introducido de contrabando desde o Sinaí exipcio a través de túneles, a un prezo notablemente inferior que a importación oficial desde Israel, polo que a única planta eléctrica de Gaza, que xenera un 35% do seu consumo, deixou de funcionar", explica EFE.
Así, Hamás puxo en risco á súa poboación en plena tempada invernal por negarse a comprar o diesel necesario para alimentar a planta de enerxía.
Fustrigación a xiítas e activistas
Por outra banda, segundo informaba a cadea catarí Al Jazeera, grupos de Dereitos Humanos palestinos denunciaron as detencións e malleiras propinadas por parte de membros do Hamás contra a comunidade chiíta durante unha cerimonia relixiosa. Unhas 15 persoas resultaron feridas como consecuencia da melleira.
Os grupos de Dereitos Humanos, con base en declaracións de testemuñas presenciais, denunciaron que membros de Hamás entraron pola forza ao apartamento dun dos chiítas, onde agrediros a 7 persoas que tiveron que ser ingresadas nun hospital.
Pola súa banda, un portavoz de Hamás declarou que os membros da organización penetraron na vivenda co obxectivo "de arrestar a un grupo de criminais". Así mesmo, o portavoz da organización islamo-fascista asegurou que non sabía que os "criminais" denunciaran os feitos ante grupo de Dereitos Humanos, segundo publica Al Jazeera.
Non é un incidente illado
O activista Mahmoud Abu Rahma do grupo de Dereitos Humanos, Al Mezan, afirmou que foi ameazado a través do seu correo electrónico e de mensaxes no seu teléfono móbil. Días despois, foi apuñalado en plena rúa e decidiu denunciar os abusos.
O activista xa fora atacado con anterioridade en 2012, polo que o seu caso non se trata dun incidente illado. Neste sentido, Hamás limitouse a anunciar que o caso está "sendo investigado", pero mentres tanto, activistas como Rahma viven no medio da incerteza.
Estas informacións prodúcense nun contexto no que Hamás e a Yihad Islámica anuncian a posibilidade de unirse nunha soa organización, segundo reporta a cadea Al Jazeera, que indica que ambos os grupos, con presenza na Franxa de Gaza e Damasco, están a manter reunións de alto nivel para explorar a súa unión.
Así, a pesar de que Hamás pactou recentemente, baixo os auspicios do Goberno de Catar, un acordo coa Autoridade Nacional Palestina (ANP) para a formación dun goberno de unidade e a celebración de eleccións, os seus máximos dirixentes, entre eles Ismayil Haniye, pactan, doutra banda, cos grupos terroristas incluso máis radicais.
Comentarios