Fotografía do piloto israelí Ron Arad, en cativerio en Irán nunha imaxe entregada hai dous anos por HezbollahA día de hoxe hai sete soldados israelís secuestrados ou perdidos en combate
Os Sarxentos Zejarya Baumel, Zvi Feldman e Yehuda Katz, perdidos desde o 11 de Xuño de 1982, nunha batalla en Sultan Yakoub, no Líbano. O Maior Ron Arad, quen foi capturado o 16 de outubro de 1986, logo de que o seu avión de combate fora derrubado preto de Sidon, Líbano. Arad foi inicialmente retido por Amal (unha organizacion chiita); posteriormente entregado a Hezbollah e as últimas información falan do seu cativerio en Irán. Guy Hever, foi visto por última vez na súa base do exército no sur das Alturas do Golan o 17 de agosto de 1997. Majdy Halabi, foi visto por última vez nunha parada de autobus en Dalyat, Karmel o 24 de maio de 2005.Gilad Shalit foi secuestrado por Hamas o 25 de xuño de 2006 no curso dunha infiltración e ataque por parte de terroristas no interior de Israel, na área de Kibbutz Kerem Shalom.
A Batalla de Sultan YakoubOs Sarxentos Zejarya Baumel, Zvi Feldman e Yehuda Katz, perdidos desde o 11 de Xuño de 1982, nunha batalla en Sultan Yakoub, no Líbano. O Maior Ron Arad, quen foi capturado o 16 de outubro de 1986, logo de que o seu avión de combate fora derrubado preto de Sidon, Líbano. Arad foi inicialmente retido por Amal (unha organizacion chiita); posteriormente entregado a Hezbollah e as últimas información falan do seu cativerio en Irán. Guy Hever, foi visto por última vez na súa base do exército no sur das Alturas do Golan o 17 de agosto de 1997. Majdy Halabi, foi visto por última vez nunha parada de autobus en Dalyat, Karmel o 24 de maio de 2005.Gilad Shalit foi secuestrado por Hamas o 25 de xuño de 2006 no curso dunha infiltración e ataque por parte de terroristas no interior de Israel, na área de Kibbutz Kerem Shalom.
O 11 de xuño de 1982, cinco soldados israelís desapareceron nunha batalla con forzas sirias e palestinas preto do pobo libanes de Sultan Yaqub. Moitos anos mais tarde, dous dos soldados capturados foron devoltos a Israel en intercambios de prisioneiros con Siria e a PFLP-GC (Comando Xeral-Fronte Popular para a Liberación de Palestina) de Ahmed Jibril. Tres soldados- Zajary Baumel (nado o 17 de novembro de 1960), Yehuda Katz (nado o 29 de decembro de 1956), e Zvi Feldman (nado o 18 de xullo de 1959) - aínda continuan desaparecidos.
Desde a batalla, houbo moitos informes contraditorios ao respecto dos paradoiros e condición dos homes desaparecidos. Cos anos, funcionarios palestinos e sirios fixeron continuas referencias a información na súa posesión respecto dos soldados desaparecidos en acción, pero non estiveron dispostos a cooperar en esforzos para devolver aos soldados ás súas familias. Así, a pesar dos grandes esforzos de Israel, Yehuda Katz e Tzvi Feldman, fillos de sobreviventes do Holocausto, e Zajary Baumel, continúan sen ser contados a pesar dos actuais informes (incluíndo un Informe de 1988 de Amnesty International e a Actualización de Decembro de 1993 de Amnesty International) indicando que algúns dos soldados perdidos aínda están vivos e están retidos baixo control sirio ou iraniano.
Ron Arad
O 16 de Outubro de 1986, o piloto da Forza Aérea Israelí Ron Arad foi capturado e feito prisioneiro despois de que o seu avión de combate Phantom F-4 caera no Líbano. Tanto Arad coma o seu compañeiro no F-4 tiráronse a terra a salvo en paracaídas. O compañeiro de Arad foi rescatado e posto a salvo baixo intenso fogo, agarrado a cola dun helicóptero israelí nunha operación de rescate espectacular. Ron Arad foi feito prisioneiro por Amal, un grupo militante libanes chiita liderado por Nabih Berri.
En 1987, a familia de Arad recibiu moitas cartas e unha foto de Arad confirmando que o estaba vivo e en mans de Amal. Ron Arad foi persoalmente retido polo entón titular de seguridade de Amal, Mustafa Dirani. A principios de 1988, Dirani corto os seus vínculos con Amal debido a diferenzas ideolóxicas e formou un novo grupo chamado a "Resistencia dos Crentes". Arad foi retido polo grupo de Dirani até o comezo de 1989, cando aparentemente foi entregado inicialmente a Hezbollah e posteriormente aos Gardas Revolucionarios Iranianos a cambio dunha gran suma de diñeiro. Fontes en intelixencia de Israel cren que o Capitán Ron Arad aínda está vivo e retido por este grupo en territorio iraniano.
Ron Arad naceu en Israel o 5 de maio de 1958. Ron e a súa esposa Tami teñen unha filla, Yuval. Antes da súa captura, Ron era estudante de enxeñaría química no Technion - Instituto de Tecnoloxía de Israel, en Haifa, cursando o seu segundo ano de estudos.
Guy Hever
O 17 de agosto de 1997, Guy Hever (nado o 30 de maio de 1977), soldado no exercito israelí, foi visto por última vez no sur das Alturas do Golán no cruce de Katzabiya xusto a un kilometro da fronteira siria. Estaba vestido de uniforme e estaba co seu arma cargada, placa e documentación de identificación militar internacionais. A área foi investigada minuciosamente pero non foi atopado ningún rastro seu.
Majdy Halabi
O 24 de maio de 2005 Majdy Halabi, un soldado druso do pobo de Dalyat, o Karmel foi visto por última vez ao redor das 17:00 na tarde. Levaba unha mochila as súas costas, e estaba detido nunha parada de autostop preto da filial do Bank HaPoalim no seu pobo, tentando regresar a un campo do exercito preto do pobo de Tirat Ha-Carmel, ao sur de Haifa, onde servia.
Majdy tiña 19 anos cando desapareceu. O 5 de xuño de 2005, Majdy foi declarado un soldado perdido de Tzahal.
Gilad Schalit
O 25 de xuño de 2006, no curso dunha infiltración e ataque por parte de Hamas no area de Kibbutz Kerem Shalom, preto da Franxa de Gaza, un oficial de Tzahal e un soldado foron asasinados, o soldado Gilad Schalit, de 20 anos, de Fía, foi secuestrado, e outros catro foron feridos. Desde entón, Gilad está secuestrado en cativerio por Hamas na Franxa de Gaza.
Estamos a asistir estes días ao acordo de intercambio entre Hamas e o Estado de Israel que indican a inminente liberación do soldado israelí Gilad Schalit. Anos de mobilización da comunidade xudía mundial en pos da súa liberación semellan dar o seu froito. Lamentabelmente, Gilad non é o único soldado israelí secuestrado e/ou perdido en acción. Ao día de hoxe, hai sete (7) soldados israelís perdidos ou secuestrados: Zejaria Baumel (cuxo pai faleceu este ano coa dor interminable de non volver a ver ao seu fillo nin ter novas súas), Zvi Feldman, Yehuda Katz (ambos fillos de sobreviventes do Holocausto), Ron Arad, Guy Hever, Majdy Halabi e Gilad Schalit.
Reafirmamonos máis unha vez que non os esquecemos deles e convocamos a toda a comunidade internacional, a seguir mobilizada e presionando ás distintas organizacións mundiais e ás organizacións de dereitos humanos para que se ocupen e preocupen do tema en pos de lograr a liberación de todos o sete soldados para que estes poidan regresar logo coas súas familias á súa patria en Eretz Israel.
Comentarios