Resposta a Ghaleb Jaber

Ghalen Jaber



Por Manuel Pérez Millos, socio de AGAI e colaborador no semanario israelí AURORA http://www.aurora-israel.co.il/


Entendo que haxa xente a prol e contraria a Israel, coma tamén haina siareiros do Deportivo ou do Celta, afíns a esquerda ou a dereita, e os que prefiren carne ou peixe. Ata aí, todo razoable. Tamén se comprende que os que se decantan por unha ou otra opción, traten de argumentar para facela trunfante ante calisquer confrontación verbo delas. O que xa non acabo de entender é que os apoloxistas de calquera cousa recurran á falsidade para defendelas suas teses. Por iso o meu ánimo anda esmorecido –se cadra, porque son un romántico idealista- tras de ler o que di Ghaleb JaBer no número de GALICIA CONFIDENCIAL correspondente ao 18 do mes e ano en curso, baixo o título de Por qué e para qué un Estado Palestino. E elo porque:
1.- Non se sostén, agás para os que non o queren ver, que en Gaza e Cisxordania vivan presos. Que hai contróis nas fronteiras con Israel, e coma non os vai a haber se están en guerra. Por culpa de Israel non os hai, nembargantes, entre Gaza e Exipto nen, asemade, entre Cisxordania e Xordania. Por outra banda, 5.000.000 de habitantes viven en moitas cidades, e non se sinten no cárcere. Traballan (non destrúen) e subsisten cos artigos que lles chegan, excepto os que eles producen in situ, vía transporte. Máis ou menos, coma fan os palestinos de Gaza coas mercadorías que lles entran a cotío dende Israel en ben máis dun cento de camións. E nen na terra, nen no mar, nen no ar teñen ocupación algunha nos territorios que, a día de hoxe e quitado o que se modifique a partires de acordos na mesa de negociacións, lles pertencen.
2.- No das resolucións internacionáis (e moito menos por milleiros), o dos sete millóns de exialiados, o do do recoñecemento dende 1947, e o ter esgotadas as vías de solución negociada, omítense significativos datos de dominio público que non corroboran, precisamente, as afirmacións do autor do artigo. Hai detalles importantes que omito (pero que podo dar se laguen os intersa) para non alongar esta comunicación.
3.- Sería boa cousa que se fixera unha aplicación bidireccional dos anceios de ter as fronteiras seguras, e no da protección e as amizades que cada quén quixer; tomando unha frase do articulista case ao pé da letra: igual para Israel. Sobor de que os palestinos podan lecer nos elementos naturáis da sua terra, hai que botar moita imaxinación para entender que sexa gozo lícito facer viaxes de pracer en buques de guerra ou bombardear ao veciño. E é desfachatez pretender facelo sen que o agredido resposte.
4.- En qué quedamos: ¿Israel e Estados Unidos son garantes da liberdade e da democracia, ou o primeiro é o matón que protexe os intereses imperialistas do segundo? ¡Clarexémonos, recoiro! Porque moitos vemos en Israel a única democracia da zona.
Dispoño o remate deste escrito cunha petición aos respostantes –maiormente da esquerda- das intervencións dos favorábeis ao Estado israelí: amosen a intelixencia que se lles presupón, e troquen a repetición de tópicos e consignas por datos e probas contrastábeis. Muden o costume de proferir insultos e baixezas, e aporten argumentos e respecto. E, moi importante, non dean creto ilimitado ao que se diga verbo do asunto palestino-israelí –tanto polos que tentan favorecer aos primeiros coma os que procuramos defender aos xudeus- e busquen a verdade por sí mesmos. Sen dúbida, ficarán ilustrados, sorprendidos e con maior autoestima.

Comentarios