Israel legalizou oficialmente a homosexualidade en 1988. Os cidadans gays israelíes contan, entre outros dereitos, co recoñecemento como parellas de feito (o estatus de matrimonio civil é equivalente para as parellas de feito), a adopción de nenos (Israel é o país que máis parellas homosexuais adoptan nenos en todo o mundo), recoñecemento de matrimonios gays contraídos no extranxeiro e a garantía de non discriminación do colectivo LGBT no ámbito laboral, que estálexislado e perseguido por Lei. No exército israelí existe unha forte condena ante calquera acto homófobo que poida ser cometido durante o servizo militar, a diferenza de moitos outros países occidentais. Conta con centros de axuda e asistencia legal, laboral e social. Os máis importantes son:
- HaBait HaPatuaj laGaavá veLaSovlanut הבית הפתוח לגאווה ולסובלנות, A Casa Aberta ao Orgullo e a Tolerancia (The Open House), centro de reunión, apoio e organización dos gays en Xerusalen http://www.joh.org.il/ .
- HaMerkaz HaGueé המרכז הגע, O Centro Orgulloso con funcións semellantes á Casa Aberta, de Xerusalén que opera en Tel Aviv http://gaycenter.org.il/culture.asp .
- Comunidade Xudía Relixiosa Gay “Javruta” חברותא, composta por homosexuais practicantes http://havruta.org.il/.
- “Hoshen” חושן, Educación e Cambio, que coopera coas Forzas Armadas nun programa piloto dedicado a modificar os prexuizos por medio de intensas campañas dirixidas a soldados e mandos do exército http://www.hoshen.org/.
En Haifa existe o colectivo “ASWAT” orientado fundamentalmente aos LGBT árabe-israelí cuxa cofundadora, Nisreen Mazzawi, é unha lesbiana-feminista árabe-israelí http://www.aswatgroup.org/ar .
Israel é o único país en Oriente Medio onde se celebran as Marchas do Orgullo Gay en Tel Aviv e na capital, Xerusalén. Tel Aviv é de certo un lugar de referencia a nivel internacional pola súa atmósfera tolerante e o grande nivel cultural e de nivel de vida.

Comentarios