Maen Areikat, o embaixador da Autoridade Nacional Palestina en Estados Unidos, reuniuse con xornalistas en Washington D.C. nun almorzo patrocinado polo Christian Science Monitor para falar da proposta palestina prevista para ser presentada a vindeira semana coa solicitude de recoñecemento de Estado de pleno dereito nas Nacións Unidas. No transcurso do almorzo de traballo plantexáronselle moitas cuestións, unha das máis chamativas polas súas consecuencias foi a de que política seguiría o futuro Estado palestino perante as diferentes minorías. A resposta do diplomático palestino foi "Por suposto, imos ter un Estado laico, non imos basearnos na relixión". En canto á afirmación de Maen Areikat de que o Estado palestino toleraría as minorías relixiosas, logo matizou que "a tolerancia non se pode estender aos xudeuos, cando menos inicialmente". E a pregunta de se, após o establecementode dun estado palestino, non poderían residir xudeus en Cisxordania ou Gaza ainda que eses xudeus poideran aceptar vivir sob soberanía palestina, Areikat respondeu de xeito afirmativo: "Temos que estar separados, temos que traballar na nosa propia identidade nacional", dixo. Nunha entrevista a finais do ano pasado publicada na revista Tablet, Aerikat foi máis explícito neste punto. A pregunta do xornalista de se todos os xudeus que se atopan dentro das fronteiras de Palestina tería que saír, respondeu categórico: "Absolutamente, creo que este é un paso imprescindíbel para o desenvolvemento da identidade nacional palestina, e logo talvez poderanse abrir no futuro portas para actividades culturais, sociais, intercambios políticos, económicos, a libre circulación de cidadáns israelís e palestinos dunha área a outra". O que o embaixador Maen Areikat non explicou é como o Estado palestino procedería á eliminación e limpeza de todos os xudeus dentro das súas fronteiras. Lembrar que no Estado de Israel moran e por suposto seguirán morando perto de millón e medio de árabes-israelies. Alguén imaxina cal sería a reacción da comunidade internacional se alguén do nivel do embaixados nos Estados Unidos da Autoridade Palestina, fixera en Israel unha afirmación semellante? Limpeza ética en Palestina...
Comentarios