A OLP acusa a Siria de crimes contra a humanidade. O BNG, Izquierda Unida. ERC... gardan silencio.






Un dos principais líderes da OLP, Yaser Abed Rabo, acusou hoxe a Siria de "crimes contra a humanidade" no seu brutal ataque contra o campo de refuxiados palestinos da cidade costeira de Latakia. "Denuncio con forza esta acción criminal do Exército sirio, que causou a morte a dez palestinos e ferido a outros 75", manifestou en conversa telefónica Abed Rabo, Secretario Xeral do Comité Executivo da Organización para a Liberación de Palestina (OLP).


O dirixente palestino asegurou que o Exército "apenas deu menos dunha hora" aos habitantes do campamento de refuxiados para que "deixaran as súas casas e fuxiran". "Iso significa milleiros de persoas, de familias enteiras nas rúas, no monte, sen teito, no bombardeo empregan buques de guerra, artillería e tanques contra a poboación civil, contra xente que non pode escapar nin agocharse", agregou. Preguntado sobre se a OLP ten previsto transmitir unha queixa formal ao Goberno de Bachar Al-Asade, Abed Rabo sinalou que "xa enviamos a mensaxe" a UNRWA, a axencia da ONU de auxilio exclusivo para os refuxiados palestinos. Un portavoz da UNRWA, Chris Gunness, dixo a Efe que "a maioría dos 10.000 refuxiados do campo de Latakia tiveron que fuxir a toda presa" e que a organización descoñece o seu paradoiro actual. "Calculamos que entre 5.000 e 10.000 persoas abandonaron o campo por unha mestura de fogo intenso e de ameazas das autoridades sirias. Pedimos acceso inmediato ao campo, para con cuxos habitantes temos responsabilidades humanitarias, ainda que agora a situación é demasiado perigosa como para entrar", agregou.


Nota de GZ-Israel:


Hai uns días, Josep-Lluis Carod-Rovira publicaba un atinadísimo e oportuno artigo "Siria e os árabes bos" http://galiza-israel.blogspot.com/2011/08/siria-e-os-arabes-bos.html no que manifestaba que "os únicos árabes que preocupan a grande parte da esquerda a das ONG solidarias (selectivamente solidarias) eran os que os enfrontaban con Israel". O silencio vergoñento do BNG, de Izquierda Unida, de ERC... perante un ataque sirio cualificado pola propia OLP coma "crime contra a humanidade", é unha mostra rotunda do acertado do comentario do compañeiro Carod-Rovira.


Hipócritas xudeófobos que só amosan a súa interesada "solidariedade" cando é para poder acusar a Israel. Esta é a miseria miope que asulaga a grande parte da nosa esquerda e contra a que desde GALIZA-ISRAEL combatimos e combatiremos.


www.galiza-israel.org


Comentarios